Home Pontevedra Xunta e concello melloran as instalacións da Escola Infantil de Vilaboa tras...

Xunta e concello melloran as instalacións da Escola Infantil de Vilaboa tras un investimento de máis de 20.000 euros

- Anuncio -

― Actuouse tanto no interior como no exterior do inmoble, coa substitución do valado e da porta de entrada á aula de 1-2 anos, así como a renovación das zonas de xogo

― O Goberno galego financiou o 60% dos traballos e o resto achegouno o Concello

A Xunta dá por finalizadas as obras levadas a cabo na escola infantil de Vilaboa para mellorar as condicións deste centro pertencente á rede pública autonómica e que supuxeron un investimento de máis de 20.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o equipamento para comprobar sobre o terreo o resultado dos traballos, acompañado do alcalde vilaboés, César Poza.

Perfecto Rodríguez sinalou que con esta intervención “ofrecemos ao persoal, aos pequenos e as súas familias unhas instalacións máis confortables, de calidade e en bon estado de mantemento”. Así mesmo, enmarcouna nas actuacións de mellora e conservación que se realizan de maneira periódica nos centros da Xunta que xestiona o Consorcio.

No caso da escola infantil de Vilaboa, as obras desenvolvidas afectaron ao interior e ao exterior do inmoble. Así, substituíuse o valado e reformouse a porta da aula para nenos de 1-2 anos; e colocouse un novo chan de PVC flotante no parque infantil do patio interior, co fin de incrementar o illamento acústico e térmico, ademais da resistencia fronte a humidade. Tamén se instalaron elementos novos na zona de xogos exterior.

Financiamento
O Consorcio financiou arredor do 60% do custe da reforma, mediante a compensación das liquidacións que corresponde abonar á Administración local por este servizo público. O Concello de Vilaboa asumiu o 40% restante con fondos propios e tamén se encargou da execución da intervención.

Todas as melloras acometidas neste equipamento foron previamente postas en común coa comunidade educativa e contaron coa supervisión dos técnicos do ente autonómico e do Concello.

Gratuidade
Na actualidade a escola infantil de Vilaboa presta servizo ás familias de 35 nenas e nenos de 0 a 3 anos e dispón de tres unidades en funcionamento. A partir do curso 2022-23 a atención educativa neste centro será de balde para todos os nenos, xa que o Goberno galego decidiu estender tamén aos primoxénitos a gratuidade da que desde abril de 2020 xa desfrutaban os segundos fillos e sucesivos.

Así, o vindeiro curso a Xunta aplicará a gratuidade xeral da educación infantil para todo o alumnado e en todas as escolas: as públicas, as de iniciativa social, as privadas e as que son dos Concellos, sempre que estean ao corrente co Consorcio.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas