Home Vigo Baiona O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

- Anuncio -

José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios.

O Concello de Baiona quixo mostrarlle o seu recoñecemento organizado un acto no salón de plenos para facerlle entrega dunha placa conmemorativa do seu aniversario e desta maneira agradecerlle a súa dedicación e a súa vida na Vila.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado de varios concelleiros do seu equipo participaron no acto realizado con afecto a un dos seus veciños máis lonxevos. Os representantes do consistorio felicitaron e agasallaron ao veciño en nome de toda a cidadanía baionesa. Este evento foi unha oportunidade para recoñecer a vida e o legado de ‘Miolo’.

O pasado 1 de maio, José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo’, celebrou o seu aniversarios número 102.

Nacido o 1 de maio de 1922, ‘Miolo’, que residiu no casco antigo de Baiona, preto da igrexa, foi testemuña de innumerables cambios ao longo dos anos, e o Concello de Baiona comprácese en recoñecer a súa longa vida.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas