Home Pontevedra Deza A Xunta inicia a redacción do Plan Básico Municipal de Dozón, dotada...

A Xunta inicia a redacción do Plan Básico Municipal de Dozón, dotada con 45.000€

- Anuncio -

A XUNTA INICIA A REDACCIÓN DO PLAN BÁSICO MUNICIPAL DE DOZÓN, DOTADA CON 45.000 €

É un dos nove municipios incluídos na segunda fase do impulso desta ferramenta de ordenación, despois de obter a cartografía das 7.405 hectáreas do seu territorio

A Xunta inicia a redacción do plan básico municipal de Dozón. Este municipio forma parte, xunto con Alfoz, Guntín, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea e Viana do Bolo, dos concellos incluídos na segunda fase para facilitar un instrumento de ordenación básico ás entidades locais.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar os contratos do acordo marco para o servizo de redacción deste instrumento, pensado para os municipios de menos de 5.000 habitantes. O importe no caso de Dozón é de 45.254 euros e o conxunto dos contratos supera os 530.000 euros.

Cómpre lembrar que a financiación dun plan básico municipal é unha das vías da Xunta de Galicia para apoiar ás administracións locais na meta de contar cunha ferramenta que lles garanta unha ordenación responsable e sustentable do seu termo municipal e que está recollida na Lei do solo.

A adxudicación deste contrato é a continuación dos traballos necesarios para obter a cartografía das 7.405 hectáreas deste concello da comarca do Deza, que co resto da segunda fase se unirá á listaxe xa formada por outros nove: Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Triacastela, Cartelle, Padrenda, Porqueira e San Xoán de Río; que tomaron como modelo e exemplo o plan básico do Páramo, redacto e impulsado pola Xunta. Estes concellos da primeira fase continúan avanzando na súa tramitación, tras acadar a aprobación inicial.

A Xunta defende que o urbanismo é unha tarefa que precisa do traballo de todos, por iso seguirá ao carón das administracións locais concedendo 3,2 millóns de euros en 2022 en axudas para a redacción dun PXOM ou para a elaboración dun plan básico, tal e como fai cos 18 concellos que apostan polo mesmo, así como prestando o apoio e asesoramento técnico que necesiten.

O obxectivo do Goberno autonómico é acadar que todos os concellos galegos conten cun planeamento que protexa e poña en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

O Hospital Montecelo acollerá unha xornada de portas abertas ao público sobre a asma...

0
Con motivo do Día Mundial da Asma, o martes 7 de maio, a partir das 13:30 horas, celébrase a I Xornada de Concienciación da...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

Publicacións Relacionadas