Home Vigo Baiona O Concello de Baiona mellora a accesibilidade en Belesar coa mellora do...

O Concello de Baiona mellora a accesibilidade en Belesar coa mellora do camiño e construción dun muro de contención na zona da Figuiera, en “O Urgal”

- Anuncio -

O Concello de Baiona, culminou os traballos de mellora da accesibilidade na zona da Figueira, en “O Urgal”, en Belesar.

A obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada por un importe de 43.497,10 euros, trátase da construción dun muro de contención do camiño ata 4 metros de altura e cunha lonxitude dun 40 m. de longo, construído con perpiaños de pedra gris. Tamén se mellorou a accesibilidade, aumentando a anchura e asfaltando o vial que xa se atopaba moi deteriorado. Tamén se incluíu a instalación dunha varanda protectora para a seguridade dos viandantes e os vehículos.

Unha intervención moi necesaria xa que a situación na que estaba representaba un perigo para os usuarios deste camiño público. Desde a Concellería de Vías e Obras, Óscar Martínez, lembra que o goberno municipal traballa para buscar solucións e mellorar as condicións dos veciños e veciñas das parroquias: “O noso deber é que todas as baionesas e baioneses teñan acceso aos mesmos servizos, independentemente do lugar no que residan”.

Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez Prado, destaca que “a mellora da accesibilidade e mobilidade de diversos barrios, o arranxo de viais, o asfaltado de vías e a recuperación de espazos, forman parte das obras que puxemos en marcha para continuar coa nosa intención de seguir poñendo en valor as nosas parroquias, sempre co obxectivo de mellorar o día a día da cidadanía. Proxectos que nacen das demandas que nos trasladou as veciñas e veciños de Baiona”.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas