Home Vigo Mos O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón destinada a Escola Infantil

- Anuncio -

Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro

O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o expediente de cambio de uso dotacional no equipamento da parcela destinada a Escola Infantil no Rebullón, necesario para poder levar a cabo todos os trámites necesarios para o novo centro, tanto a redacción do proxecto, como o procedemento de licitación da obra, e posterior execución da mesma. A aprobación do cambio de uso contou cos votos a favor do grupo de goberno (PP) e PSOE, e a abstención do BNG.

Con esta aprobación acórdase cambiar o uso de equipamento sociosanitario da parcela incluída dentro do recinto do antigo hospital de Rebullón, no concello de Mos (parroquia de Tameiga) que está dentro da referencia catastral 36033A036000850001DS (parcela 95 do polígono 36), e cunha superficie de 4.970 m2, a un uso docente.

O acordo será publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia e comunicado á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, a efectos da súa inclusión no Rexistro de Planeamento de Galicia.

A administración local mosense vén de iniciar o expediente de contratación do proxecto da nova Escola Infantil do Macro Proxecto Sociosanitario do Rebullón que ademáis do centro educativo inclúe Centro de Saúde, Centro de Coidados Intermedios, e Residencia de Maiores.

Unha vez realizado o proxecto, prevese que as obras se inicien este vindeiro verán. Tal e como anunciou estes últimos días Nidia Arévalo, rexedora local mosense.

A alcaldesa apuntou tamén que a nova Escola Infantil do Rebullón, estará dotada de 82 prazas.

Tratarase dun edificio modular cun orzamento total que ascende a 1.250.000 euros, para o cal o Concello de Mos xa conta con apoio económico de financiación por parte da Xunta de Galicia de 707.198,70 euros a través de convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Política Social e a administración local.

Esta Escola Infantil modular execurarase en dúas fases. A primeira fase, que será a que comece este verán, cubrirá o 50% da capacidade das aulas, isto é, construiranse as zonas comúns e 3 aulas para 41 prazas. A segunda fase levarase a cabo o vindeiro ano 2025 e nela acometeranse as 3 aulas restantes para as outras 41 prazas.

Este macroproxecto sociosanitario será pioneiro en España ao incluír Escola Infantil. Para o recinto do Rebullón tamén está prevista unha residencia de maiores de 150 plazas, un novo Centro de Saúde que sustituirá ao actual e que incrementará nun 44% a súa superficie, e un Centro de Coidados Intermedios de 60 prazas.

A este respecto Nidia Arévalo declaraba que “co proxecto do Centro de Coidados Intermedios en licitación pola Xunta de Galicia, e o inicio do expediente de contratación do proxecto da Escola Infantil por parte do Concello, damos o ‘pistoletazo de saída’ para o novo Rebullón. A partir deste verán comezaremos a transformalo nun centro sociosanitario de referencia no país”. “É outro soño que se fará realidade para Mos. Un logro histórico ademais, ao recuperar este edificio emblemático na provincia para dar servizos tan necesarios e demandados en Mos e comarca, polo que lle dou as gracias á Xunta de Galicia polos compromisos con Mos cumpridos”, finalizou Arévalo.

Cómpre lembrar que o Concello de Mos xa inclúe no orzamento municipal desde 2023, partida para o novo macroproxecto sociosanitario do Rebullón.

Datos sobre o Centro de Coidados Intermedios

O novo Centro de coidados intermedios no antiguo Hospital do Rebullón estará dirixido á atención de persoas que, tras unha estancia hospitalaria, requiren atención residencial específica de xeito temporal. Coidados tales coma a rehabilitación da autonomía das persoas tras un proceso de hospitalización agudo; para evitar as largas hospitalizacións innecesarias; e maximizar a independencia das persoas que, polo xeral, permitiralles volver vivir na súa contorna habitual.

Constará de 3 andares ou plantas para o desenvolvemento do programa funcional cunha superficie de aproximadamente uns 3.600 m².

A distribución espacial do Centro de Coidados Intermedios contemplará espazos suficientes para albergar tanto aos residentes ingresados no mesmo como aos profesionais que nel desenvolvan o seu traballo. Neste senso, teranse en consideración unha serie de zonas ou áreas claramente diferenciadas e independentes entre si: área de espazos comúns, área de servizos xerais, área de coidados sanitarios e área residencial dunhas 60 prazas.

Coordinadamente coa proposta do Centro de Coidados Intermedios, as actuacións previstas no antigo hospital contemplan a reserva dun espazo ou área de movemento que conecto co novo centro de saúde que estará baixo a titularidade do SERGAS. O novo elemento arquitectónico destinado a centro de saúde integrarase estética e volumetricamente co novo edificio do Centro de Coidados Intermedios, de xeito que o resultado final do conxunto edificado sexa harmonioso e coherente entre ambos.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas