Home O Salnés O Grove A Xunta incoará a declaración BIC do xacemento Adro Vello nos vindeiros...

A Xunta incoará a declaración BIC do xacemento Adro Vello nos vindeiros días

- Anuncio -

— O conxunto sito ao bordo da praia do Carreiro, na parroquia de San Vicente, quedará inmediatamente protexido tras a publicación no Diario Oficial de Galicia

— Foi anunciado hoxe polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita a igrexa parroquial e asistiu á presentación do libro ‘Da gran historia da igrexa de San Vicente dos Groves’

O Diario Oficial de Galicia publicará nos vindeiros días a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural o Adro Vello, un importante ante xacemento arqueolóxico sito ao bordo da praia do Carreiro, na parroquia de San Vicente, que está fortemente vinculado á tradición xacobea. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita á igrexa parroquial e asistiu á presentación do libro Da gran historia da igrexa de San Vicente dos Groves.

Na súa intervención, o responsable autonómico de Cultura explicou que a Xunta de Galicia xa conta coa avaliación dos órganos asesores sobre a consideración deste xacemento como ben sobranceiro para o patrimonio cultural de Galicia e, polo tanto, a pertinencia da súa declaración como Ben de Interese Cultural. “Os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural implicados neste proceso xa completaron os trámites preceptivos e a documentación foi enviada para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia coa previsión de que se faga efectivo a partir do 8 de febreiro”, sinalou antes de engadir que isto suporá “a súa protección inmediata ata a súa declaración definitiva”.

Neste senso, Román Rodríguez eloxiou o compromiso da parroquia de San Vicente do Grove coa veciñanza e co patrimonio cultural, nomeadamente o do seu párroco Ventura Martínez que ofrece un gran servizo á comunidade .“Nestes esforzos é onde se aprecia o papel que xoga esta igrexa para as persoas que viven na vila brindándolles seguridade e apoio”, afirmou o conselleiro.

“Non se pode escribir a historia deste concello sen relatar a influencia decisiva que tivo na configuración do Grove, tal e como o coñecemos hoxe en día, este templo que, tras máis de 250 anos de historia, segue a ser catalizador de toda a vila e un punto de encontro para a vila”, incidiu Román Rodríguez. Así, referiuse á igrexa como un dos máis estimados bens patrimoniais da vila que debe ser preservado polo seu gran valor arquitectónico, espiritual, social e cultural.

O apoio do Goberno galego a esta igrexa reflíctese nas obras de traslado e restauración do Hórreo e da Eira do Mallar, dentro da propia horta da Reitoral. Trátase dunha actuación que conta cun investimento de 27.000€ e que permitirá unir os cemiterios de cara a unha maior humanización.

Por último, o titular de Cultura tamén agradeceu os autores do libro o seu labor para trazar “unha cronoloxía vital e espiritual” da importancia a igrexa parroquial de San Vicente dos Groves poñendo en valor a súa realidade inmediata e histórica.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas