Home Xunta de Galicia A Secretaría Xeral para o Deporte encarga un estudo para a execución...

A Secretaría Xeral para o Deporte encarga un estudo para a execución dunha nova canle de eslalon en Bora (Pontevedra)

- Anuncio -

_Lete Lasa lembrou como, hai dúas semanas, certificábase outro acordo para levar a cabo unha canle de augas bravas no río Xallas tras unha xuntanza con representantes do Concello de Dumbría e do Club de Piragüismo Dumbría

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado de técnicos da Secretaría Xeral e da Federación Galega de Piragüismo, visitou na mañá de hoxe o paso do río Lérez pola parroquia pontevedresa de Bora para analizar os posibles emprazamentos dunha nova canle para a práctica do piragüismo en augas bravas. Neste sentido, o mandatario galego informou que a zona do encoro de Bora é a “primeira opción” para executar a nova canle de eslalon para o que xa se solicitou un estudo previo.

Lete Lasa lembrou como, hai dúas semanas, certificábase outro acordo para levar a cabo unha canle de augas bravas no río Xallas tras unha xuntanza con representantes do Concello de Dumbría e do Club de Piragüismo Dumbría.

Neste sentido destacou á aposta da Xunta de Galicia polo piragüismo galego e á súa federación coa que vén de asinar o convenio de colaboración para 2022 por un importe de 365.000 euros que representa un incremento do 10% con respecto ao ano pasado e o convenio para o mantemento de Verducido cun orzamento de 120.000 euros que tamén sobe un 4,3%. Sumadas as dúas contías, 2022 será con 485.000 euros o ano que a Federación Galega de Piragüismo reciba maior orzamento de toda a serie histórica e cómpre resaltar tamén que se trata da federación que máis cartos recibe da Xunta.

Ademais de todos os éxitos acadados no piragüismo en pista, Lete Lasa lembrou que Galicia conta con grandes deportistas en slalom como Ainhoa Lameiro ou Luis Fernández (subcampións mundiais en 2019) e que o Centro Galego de Tecnificación Deportiva conta con cinco deportistas de augas bravas.

Intres despois desta xuntanza, Lete Lasa reuniuse co alcalde de Mondariz-Balneario, José Antonio Lorenzo, co que visitou as principais instalacións deportivas municipais e analizou tamén as posibilidades de mellora da canle de eslalon no río Tea.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas