Home Pontevedra Baixo Miño Rueda destaca en Tomiño que é momento de cambio e apostar por...

Rueda destaca en Tomiño que é momento de cambio e apostar por un novo proxecto liderado por Lara Meneses

- Anuncio -

• Destaca que o PP “é o partido do Goberno de Galicia, que ofrece certeza e estabilidade alí onde goberna”.


• A nova xestora, renovada nun 40%, mestura novas incorporacións ao partido con persoas que levan tempo traballando nel e ofrecen a súa experiencia.

O Partido Popular presentou hoxe os nomes das persoas que integrarán a nova xestora de Tomiño, que estará presidida por Lara Meneses Álvarez. Foi durante un acto con afiliados no que participou o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, que destacou que en Tomiño é momento de cambio e de apostar por un novo proxecto no PP e tamén no Goberno local.

“Hoxe comeza a renovación do PP local, pero tamén o cambio en Tomiño. Hai un goberno local esgotado, sen proxecto, insensible coas necesidades da cidadanía e instaurado na crispación e na confrontación permanente”, lamentou Rueda, que recordou que o PP “é o partido do Goberno de Galicia, que ofrece certeza e estabilidade alí onde goberna”.

Rueda aproveitou a súa intervención para pedir ao novo equipo “unidade e moito traballo”, e subliñou que “o PP aposta polo municipalismo, temos concelleiros nos 61 concellos da provincia e deputados provinciais en todos os partidos xudiciais. Isto é estar coas persoas”. O líder provincial puxo en valor as novas incorporacións á xestora, que se renova nun 40%, para que o partido continúe crecendo, pero tamén que se tivese en conta a todas as persoas que suman tanta experiencia. “Trátase de sumar xente nova, pero sen prescindir de ninguén, para conseguir un proxecto do PP no que todos os afiliados se sintan integrados e identificados”.

Lara Meneses presentou unha xestora integrada por 15 persoas, entre as que figuran como vicepresidente Aitor Bouzada López e como secretario José Lorenzo Iglesias Núñez. Completan a lista doce vogais: Esteban González Miranda (voceiro do grupo municipal), Raquel Ozores López (concelleira), Diego Domínguez Martínez (concelleiro), Isabel Díaz Iglesias (concelleira), Mónica Otero Álvarez, Bruno Núñez Rodríguez, Alba Martínez Guerreiro, Iván Campos Puga, Álvaro Álvarez Vaz, José Carlos Domínguez Cuña, Brais González Pacheco e David Vila Magán.

A nova presidenta comprometeuse a defender os intereses e necesidades de todos tomiñeses, os do centro pero tamén os das parroquias, “os grandes esquecidos do Goberno local. Tomiño somos todos, e neste equipo hai moitas ganas, pero tamén haberá moito traballo, esforzo e dedicación”.

Lara Meneses recordou que Tomiño confía no PP nas eleccións autonómicas e nas xerais, “e queremos que volvan a confiar no PP tamén a nivel local. Sabemos que os tomiñeses e as tomiñesas teñen ganas de volver a facelo, e por iso seremos o PP que están esperando”.

O órgano, que será refrendado na próxima reunión do Comité Executivo provincial, encargarase de reforzar a estrutura de partido e seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

Lara Meneses ten 25 anos. É tradutora, Graduada en Filoloxía Francesa e Máster en Tradución e comunicación internacional. É membro da xunta directiva do PPdeG.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas