Home A Coruña A Asociación Érguete traballa con éxito o autocontrol cos presos de 1º...

A Asociación Érguete traballa con éxito o autocontrol cos presos de 1º grao de A Lama e Teixeiro

- Anuncio -

Esta actividade axúdalles a adaptarse á vida en prisión e a abandonar o réxime de maior illamento do sistema penitenciario

A Asociación Érguete, logo das complicacións derivadas da pandemia, por fin recuperou unha das súas actividades estrela nas prisión de A Lama e Teixeiro: os talleres de autocontrol a través do movemento. Esta actividade enmárcase dentro do programa Auto-T da Asociación, financiado pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, os e as profesionais da entidade traballan coas persoas en 1º grao a xestión das súas emocións para axúdalos a integrarse no día a día da prisión e, saír así, do réxime de maior illamento do sistema penitenciario, o que os presos chaman de maneira coloquial “a prisión dentro da prisión”.

O equpo do Auto-T da Asociación Érguete destaca que “a través de técnicas de psicomotricidade, expresión corporal, psicodrama e relaxación traballamos con internos que traen unha longa historia de dificultades co control de impulsos, violencia e condutas desaxeitadas aos que lles custa moito integrarse no día a día da prisión”.

“Estamos moi contentos con estes talleres, xa que os internos nos contan que lles axuda a mellorar o seu benestar persoal, a mellorar a súa situación, a coñecerse a eles mesmos e a afrontar a xestión da frustración, o sentimento de culpa e a falta dos seres queridos”, conclúen. Os internos destacan que con estas actividades “sacámonos as cousas malas da cabeza e liberamos o corazón”, e que cando “con esta actividade descubrimos que ata o lobo máis solitario ten corazón”.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

Publicacións Relacionadas