Home O Ribeiro Avión A Xunta colabora co concello de Avión para a adquisicón dun vehículo...

A Xunta colabora co concello de Avión para a adquisicón dun vehículo con distintivo ambiental Eco

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o concello de Avión, que recibiu unha axuda do Fondo de Compensación Ambiental de 28.650 euros

― A Xunta investiu en 2021 un total de 11M€ en 256 actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente e 4M€ para financiar a creación ou mellora de 125 infraestruturas vinculadas a servizos municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe algunhas das melloras levadas a cabo no Concello de Avión que contou o ano pasado cunha axuda de 28.650 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para a adquisición dun vehículo con distintivo ambiental Eco

O Goberno galego financiou a través da última convocatoria do Fondo de Compensación Ambiental, que contou cun orzamento de 11 millóns de euros, 256 actuacións relacionadas coa adquisición de vehículos con distintivo ambiental cero emisións ou eco, a contratación de persoal e equipamento para a protección do medio ambiente, así como melloras no saneamento, o abastecemento de auga ou a recollida de lixo e melloras da eficiencia enerxética no alumeado público ou en instalacións municipais.

Natalia Prieto lembrou que o investimento total neste concello nos últimos anos supera 1 millón de euros, que foron destinados, entre outros proxectos, á instalación solar térmica na residencia de maiores de propiedade municipal; á creación dun espazo destinado a infancia en Barroso; ou á recuperación da antiga levada como sendeiro en Amiudal, dentro do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) en Albarellos, así como á adquisición de máquina retrocargadora para a realización de labores ambientais e de prevención de incendios forestais.

Tamén se instalou un punto para almacenamento temporal de residuos de construción e demolición, e outros residuos urbanos, xunto con melloras de eficiencia enerxética de alumeados públicos en diversas localidades do termo municipal de Avión.

No ano 2017 foron premiados co 3º premio dos Coopera pola creación do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño con 12.500 euros, no marco da Mancomunidade Turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, da que forman parte os concellos de Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Publicacións Relacionadas