Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Xunta colabora na restauración dos documentos do Rexistro Civil do Xulgado...

A Xunta colabora na restauración dos documentos do Rexistro Civil do Xulgado de Paz do Pereiro de Aguiar

- Anuncio -

― O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou as instalacións do concello ourensán e comprobou as melloras que a Xunta está a facer a través de medios informáticos nos xulgados de paz galegos

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado do alcalde de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, visitou o xulgado de paz do concello ourensán do Pereiro de Aguiar para comprobar o estado de conservación dos libros do Rexistro Civil coa inversión feita pola Xunta de Galicia para a recuperación e restauración dos documentos máis antigos.

Desde a Xunta estase a realizar un importante investimento nestes órganos a través de medios informáticos dos que se están a beneficiar 270 xulgados de paz en toda Galicia, o que permite ter operativo o programa informático de xestión de Rexistro Civil vía telemática. Ademais, o Goberno galego realiza achegas aos concellos para dotarse dos medios materiais que permiten o seu funcionamento. No caso do Pereiro de Aguiar, a última actuación no Rexistro Civil permitiu recuperar e encadernar de novo 36 libros, unha actuación que contou cunha achega da Xunta de 1.742 euros.

A Xunta leva anos investindo para mellorar as condicións dos xulgados de paz de toda Galicia e dotalos dos medios e infraestruturas que merecen, xa que son o primeiro chanzo da estrutura xudicial e contribúen decisivamente a mellorar o seu servizo.

Os xuíces de paz galegos, ademais de celebrar actos de conciliación e de tramitar xuízos verbais de menor contía, prestan funcións de apoio aos órganos xurisdicionais na realización dos actos de comunicación e levan os asuntos de Rexistro Civil que competen a case a metade da poboación galega, polo que o labor dos 270 xulgados de paz que hai en Galicia é fundamental para o bo desenvolvemento da xustiza.

O Goberno galego presta apoio aos xulgados de paz nunha tarefa que redunda no beneficio dos cidadáns, sobre todo nos concellos e nas vilas do noso ámbito rural.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas