Home Ourense Baixa Limia Muíños acolle este domingo o campionato galego de inverno de piragüismo de...

Muíños acolle este domingo o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas, con 625 rapaces inscritos

- Anuncio -

Na presentación da proba, Manuel Baltar remarcou a fonda aposta do goberno provincial polo deporte náutico; situando a organización desta competición dentro “dos froitos do traballo do Concello de Muíños na súa alianza coa Federación Galega do Piragüismo e o apoio de Deputación de Ourense e Xunta de Galicia”

O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, destacou a importancia que ten para o rural desenrolar estas probas, “cun retorno económico moi importante para toda a comarca da Baixa Limia”

O presidente da Federación Galega de Piragüismo agradeceu a colaboración da Deputación e lembrou o potencial de Ourense: “Esta provincia ten as mellores láminas de auga de España, por non dicir de Europa”

A proba deste domingo, na que participarán 41 clubes galegos, celebrarase nas categorías infantil e cadete nas modalidades de K-1, C-1 e paracanoe. E o vindeiro 9 de abril, Muíños acollerá o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas en barcos de equipo, cunha participación estimada de 500 rapaces

Muíños acollerá este domingo, día 27 de marzo, o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas. Á presentación da proba, celebrada esta mañá no Pazo Provincial, asistiron o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Muíños e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Fredi Bea e o xefe de servizos de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez.

Manuel Baltar remarca que “esta é unha disciplina de pasado, presente e futuro. Ourense non so é un territorio de deporte senón que tamén é o mellor conectado de Galicia. E isto repercute a todos os niveis”. O presidente da Deputación lembrou a fonda aposta da Deputación neste eido: “No seu momento foi unha aposta intuitiva, sabedora das nosas posibilidades de éxito. E con estas iniciativas estamos reforzando esta imaxe de provincia como sinónimo de deporte. Ademais, nun enclave, Muíños, que é perfecto para estas cuestións”.

Plácido Álvarez destacou a importancia que ten para Muíños organizar estas competicións: “Estes eventos no rural son vitais, teñen un retorno económico moi importante para toda a comarca da Baixa Limia”. O alcalde agradeceu a cooperación da Federación Galega de Piragüismo, Xunta de Galicia e Deputación de Ourense.

O presidente da FGP, Fredi Bea, destacou a colaboración da Deputación -“incrementada este ano para que Ourense siga crecendo no panorama do piragüismo”- e lembrou o potencial da provincia: “Ourense ten as mellores láminas de auga de España, por non dicir de Europa”. Pola súa banda, Manuel Pérez aplaudiu a cooperación interadministrativa entre concellos da provincia, Deputación e Xunta para desenrolar estas competicións deportivas.

A cita do domingo, en horario de mañá e tarde, suma 625 rapaces inscritos de 41 clubes galegos diferentes, en categorías infantil e cadete nas modalidades de K-1, C-1 e paracanoe. O inicio da competición está previsto para as 10,00 horas e o peche sobre ás 19,30 horas. Pola mañá será a quenda das categorías infantil, que competirán en embarcacións individuais sobre unha distancia de 3.000 metros. E pola tarde, os cadetes nun trazado de 5.000 metros.

Campionato galego de barcos de equipo

Ademais, esta mañá presentouse no Pazo Provincial o campionato galego de inverno de piragüismo de novas promesas en barcos de equipo, en categoría infantil e cadete. A competición celebrarase tamén en Muíños, o vindeiro sábado 9 de abril en horario de mañá. Espérase unha participación duns 500 rapaces de toda Galicia. Os infantís competirán en embarcacións dobres sobre unha distancia de 3.000 metros e os cadetes, sobre 5.000. “Reunir a 1.100 rapaces en estas dúas probas non é un milagre senón o froito do traballo do Concello de Muíños na súa alianza coa Federación Galega de Piragüismo e, por suposto, co apoio da Deputación de Ourense”, conclúe Manuel Baltar.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas