Home O Salnés Cambados BNG insta ao Goberno galego a adquirir a obra “A Santa” de...

BNG insta ao Goberno galego a adquirir a obra “A Santa” de Francisco Asorey

- Anuncio -

O Grupo Municipal de Cambados levará tamén esta iniciativa ao pleno, dada a relevancia da obra do escultor cambadés.

A deputada do BNG, Montse Prado, rexistrou varias iniciativas para que o Goberno galego faga todas as actuacións precisas para adquirir a obra “A Santa” do escultor cambadés, Francisco Asorey.

O escultor cambadés Francisco Asorey é un dos grandes artistas galegos do século XX. Dotado dunha grande diversidade creativa, ao longo da súa traxectoria artística enlazou a tradición material e formal con elementos dos movementos artísticos das vangardas da súa época. Na súa obra podemos atopar expresións e pegadas do postimpresionismo, o expresionismo, o postcubismo…, pero o máis persoal da mesma é a mestura entre o realismo primitivo (con fondas raíces na arte románica e barroco) e o expresionismo humanista, do que xurdiron as súas obras máis representativas, nas que captou e expresou, coma ninguén, a imaxe e o sentimento da Galiza do seu tempo. Foi quen de captar a esencia da galeguidade e transportala fóra das nosas fronteiras.

A Santa foi adquirida en 1951 pola Casa de Galiza de Montevideo, un dos principais centros da emigración galega a aquela altura, para colocar na súa sede principal.

Dada a difícil situación na que se atopa esta entidade, intervida, inmersa nun concurso de acredores a causa do volume de débeda acumulada e onde se está facendo inventario das súas posesións para facer fronte a esta débeda.

A relevancia da obra do escultor, fai que desde o BNG se pida ao Goberno galego a realizar os máximos esforzos para que A Santa pase a formar parte do patrimonio público de Galiza e non sexa subastada e caer en mans de particulares.

Desde o Grupo Municipal do BNG levarase a través de moción esta iniciativa ao vindeiro pleno.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas