Home Vigo Pazos de Borbén O concello de Pazos de Borbén finaliza a rehabilitación da cuberta do...

O concello de Pazos de Borbén finaliza a rehabilitación da cuberta do antigo Mercado de Moscoso

- Anuncio -
  • A mellora contaba cun orzamento de 48.398.97 euros que foron financiados a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de finalizar os traballos de substitución da cuberta da antiga praza do mercado da parroquia de Moscoso. A delegada territorial dá Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, visitaron esta mañá xunto ao alcalde e varios membros do goberno local o edificio para comprobar o resultado da mellora.
  • A substitución da cuberta está motivada pola grave deterioración que esta sufriu durante o último inverno e que chegou a comprometer a seguridade da estrutura. Para evitar a súa posible caída e o colapso total do edificio, inutilizando ademais o resto de traballos de rehabilitación levados a cabo no interior do inmoble, o Concello solicitou a axuda urxente da Xunta de Galicia, que financiou o 100% dos traballos a través do Fondo de Compensación Ambiental.
  • “Con esta actuación”, indicou o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, “protexemos o futuro dun edificio de alto valor histórico, social e sentimental. Un tradicional lugar de encontro diario para moitas xeracións de veciños de Moscoso.”, explicou o rexedor.
  • Do mesmo xeito, a edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, destacou que a mellora dá resposta a unha vella demanda veciñal dos veciños de Moscoso. “Con este traballo finalizamos a primeira fase e xa solicitamos financiamento para a segunda, coa que rehabilitaremos o interior e concluiremos o novo edificio multiusos”, finalizou a edil.
  • A actuación, enmarcada na primeira fase da rehabilitación integral do edificio, tiña un orzamento de 48.398.97 euros que foron financiados a través do convenio de colaboración asinado coa Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas