Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Oia inicia unha nova campaña de reparto de trampas...

O Concello de Oia inicia unha nova campaña de reparto de trampas contra a velutina

- Anuncio -

Esta primavera repartiranse un total de 350 trampas e 2.500 atraentes

O Concello de Oia comeza esta primavera unha nova campaña de reparto gratuíto de trampas para combater a invasión de avespa velutina. A iniciativa incrementa este ano a cantidade de material posto a disposición da veciñanza, cun total de 350 unidades a entregar entre apilcutores.

A campaña de trampeo realízase aproveitando a chegada da primavera. Esta estación é un dos períodos máis importantes a ter en conta para o control da especie, pois é nese momento no que as raíñas da avespa asiática comezan a formar os seus niños primarios.

O Concello leva varios anos desenvolvendo estas campañas de reparto de trampas para axudar e evitar os danos que provoca a presenza da vespa velutina, a cal supón unha ameaza a especies que cumpren un importante labor polinizador como é o caso das abellas.

Os apicultores interesados en recibir unha trampa poden contactar co Concello nos números de teléfono 986.36.21.25 e 639.32.94.93.

En caso de localización dun niño de velutina, a Administración local lembra que os veciños e veciñas poden dar aviso para a súa retirada no teléfono do Concello de Oia (986.36.21.25) ou ben a través da aplicación Línea Verde (dispoñible para teléfono móbil e tablet).

Recomendacións no uso de trampas

A cantidade de trampas a colocar nun apiario varía segundo o número de colmeas que se posúan. Por iso recoméndase seguir as seguintes proporcións:

● 1 trampa en colmeares de ata 10 colmeas.
● 2 trampas en colmeares de ata 25 colmeas.
● 3 trampas en colmeares de ata 50 colmeas.
● 4 trampas en colmeares de máis de 50 colmeas.

Estas trampas deberán colocarse soamente en zonas onde se teña detectado presenza de velutinas. O ideal é situalas a unha altura de 1,50 metros e nun radio de 100 metros arredor dos apiarios, en puntos soleados e protexidos do vento.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas