Home Pontevedra Caldas Depotermal volve estar dispoñible, con prazo de solicitudes aberto ata o 3...

Depotermal volve estar dispoñible, con prazo de solicitudes aberto ata o 3 de maio

- Anuncio -

O Plan de Termalismo Social Depotermal, organizado pola Deputación de Pontevedra en
colaboración co Concello de Moraña, xa está en marcha. Trátase dun programa co que
fomentar o turismo termal na nosa provincia, que é punteira neste tipo de establecementos e tratamentos, para así axudar á súa desestacionalización.

Os requisitos para participar son:

  • Ter nacido antes do 1 de xaneiro de 1972.
  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións (achegarase fotocopia do certificado correspondente).
  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou con posterioridade, ter recoñecido un grao de
    discapacidade igual ou superior ao 65 % (acreditarase coa tarxeta ou certificado de discapacidade)
  • É imprescindible non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa e, asemesmo, estar en condicións de total autonomía persoal.
  • As parellas que desexen participar deberán cumprir os mesmos requisitos.
    O alcalde, José Cela, explicou que se trata dunha oportunidade “moi boa para a xente da terceira idade que queira coñecer por primeira vez algún balneario da nosa contorna ou que xa vivira a experiencia e que queira repetir”.
  • Os establecementos aos que se poderá optar nesta edición do programa son:
    ● En asistencia diaria (cinco mañás ou tardes, de lunes a venres):
    ○ Palacio del Agua de Mondariz
    ○ Balneario Termas de Cuntis
    ○ Hotel Spa Via Argentum (Silleda)
    ○ Hotel Spa Galatea (Portonovo)
    ○ Hotel Spa Nuevo Astur (Vilalonga)
    ● En réxime de pensión completa (6 días e 5 noites, de domingo a venres):
    ○ Gran Hotel Talaso Sanxenxo

○ Hotel Spa Carlos I Silgar
○ Balneario Termas de Cuntis
○ Hotel Spa Norat Torre do Deza Lalín
○ Hotel Spa Galatea (Portonovo)
○ Hotel Spa Nanin Playa (Sanxenxo)
○ Hotel Spa Nuevo Astur (Vilalonga)
O prazo de solicitudes estará aberto ata o 3 de maio. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía Electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede
Electrónica da Deputación, con dirección https://sede.depo.gal.

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas