Home O Morrazo Cangas O PPdeG destaca a convocatoria pola Xunta de 6 prazas de facultativos...

O PPdeG destaca a convocatoria pola Xunta de 6 prazas de facultativos para os centros de saúde do Morrazo

- Anuncio -

• O deputado Manuel Santos subliña que é unha demostración da aposta do Goberno galego polo reforzo da sanidade pública nesta comarca

• BNG e PSdeG opuxéronse á creación deste novo sistema de prazas fixas en atención primaria para as persoas que remataron a súa residencia

• Santos lembrou os atrancos por parte dos concellos de Cangas e Moaña a investimentos de máis de 10 millóns planificados pola Xunta para a sanidade da comarca

O deputado do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Manuel Santos, amosou hoxe a satisfacción pola publicación onte no Diario Oficial de Galicia dunha convocatoria extraordinaria de prazas de facultativos de atención primaria que inclúe a cobertura con carácter fixo de 6 prazas na comarca do Morrazo. Concretamente, e tal e como detalla o DOG, trátase de tres prazas no centro de saúde de Moaña, dúas no de Marín e unha no de Cangas do Morrazo, “unha demostración da aposta do Goberno galego por reforzar a sanidade pública nesta comarca”, asegurou.

Santos lembrou que, “fronte ás frecuentes críticas da oposición á Xunta sobre unha suposta precariedade na contratación de persoal sanitario, esta convocatoria ofrece unha praza fixa en propiedade mediante un concurso de méritos a persoas que acaban de rematar a súa residencia”. Neste sentido, explicou que este sistema é o xeito que atopou a Xunta para incentivar a cobertura de prazas en atención primaria polos residentes de medicina de familia.

PRAZA EN PROPIEDADE

O deputado popular lembrou que a creación desta nova categoría profesional no Sergas foi formulada pola Xunta a través dunha Lei no Parlamento de Galicia, que saíu adiante gracias ao voto favorable do Grupo Popular a pesar do rexeitamento tanto do BNG como co PSdeG.

Durante a tramitación da lei, o Grupo Popular introduciu unha emenda para facer aínda máis atractiva esta categoría e lograr que os residentes que rematen este ano a súa formación en medicina de familia opten por acollerse a ela e cubrir esas prazas, que se adxudicarán en propiedade mediante concurso de méritos, sen necesidade de exame de concurso-oposición.

Polo tanto, o profesional que acepte cubrir algunha destas prazas e asuma o compromiso de quedarse nela durante a lo menos dous anos ten garantida praza en propiedade para sempre no Servizo Galego de Saúde. Manuel Santos lamentou que os grupos parlamentarios de PSdeG e BNG votaron en contra de incorporar esta emenda do Grupo Popular e facilitar a incorporación de facultativos á atención primaria galega.

“En consecuencia, a próxima cobertura ao longo deste ano das seis prazas vacantes nos centros de saúde do Morrazo producirase grazas a un esforzo da Xunta e do Grupo Popular, que só atopou atrancos nos grupos de esquerda que tanto din defender a sanidade pública”, manifestou.

ALCALDES QUE PARALIZAN INVESTIMENTOS

Nesa mesma liña, o deputado popular destacou as declaracións do conselleiro de Sanidade no Pleno do Parlamento galego celebrado onte a raíz dunha pregunta sobre o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria. Na súa intervención, o conselleiro García Comesaña detallou como as alcaldesas de Cangas e Moaña “levan anos paralizando investimentos por máis de 10 millóns de euros para novas infraestruturas sanitarias que a Xunta quere facer no Morrazo”.

Así, tal e como relatou o conselleiro, a alcaldesa de Cangas resístese a ceder os terreos para poder facer un Centro Integral de Saúde, como os que se están a construír en Lugo ou Lalín; mentres que a alcaldesa de Moaña segue sen ceder a parcela necesaria para un centro de saúde de máis de 5 millóns de euros, mentres a Xunta avanzou ata o punto de ter xa rematado o proxecto deste novo centro e só necesita o terreo para poder licitar dunha vez a obra.

“Resulta lamentable este uso partidista das institucións coa única fin de obter rédito electoral do descontento veciñal”, criticou o deputado popular, quen contrastou esta actitude coa dilixencia na xestión amosada polo Concello de Marín, onde a posta a disposición dunha parcela óptima por parte do Goberno municipal facilitou que a veciñanza conte desde o ano 2016 cun novo centro de case 4.000 metros cadrados e no que a Xunta investiu máis de 5 millóns de euros.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Publicacións Relacionadas