Home A Coruña Luz Fandiño, a "poeta analfabeta", protagonista do documental que se proxecta este...

Luz Fandiño, a “poeta analfabeta”, protagonista do documental que se proxecta este domingo no Francisco Piñeiro

- Anuncio -

O pase do audiovisual dirixido por Sonia Méndez encádrase na programación das Letras Galegas do Concello de Moeche

O Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade acollerá na tarde deste domingo -17:30h- o pase do audiovisual “A poeta analfabeta”, dirixido por Sonia Méndez. Trátase dun documental sobre a figura de Luz Fandiño, unha poeta, activista, feminista e emigrante que viviu as realidades máis duras do século XX, e tamén as deste século XXI, posto que segue mantendo unha intensa axenda aos seus 91 anos. O de “poeta analfabeta” non é un cualificativo despectivo, senón a maneira en que a propia Fandiño segue referíndose a si mesma como creadora autodidacta que escribe a diario desde 1960 e imposible de encadrar en ningunha corrente.

A realizadora Sonia Méndez réndelle homenaxe a Luz Fandiño contándonos a historia da súa vida, a súa loita política e a súa obra poética, tentando reflectir ademais “todo o que Luz xera ao seu redor, porque para moita xente Luz é un referente, case unha icona”.

Como anticipo do que se poderá ver o domingo podemos escoitar esta entrevista coa directora publicada no podcast Café Derby 21. Nela Sonia Méndez explica como descubriu “unha muller excepcional cunha vida incrible” á que se refire como “activista punki”.

Segundo explica Méndez no podcast, Luz Fandiño “é unha muller excepcional” que atopou na identidade galega e na escrita “un refuxio nunha vida durísima”. Filla de nai solteira republicana “e revolucionaria” na posguerra, Fandiño pasou “fame de ler e de comer, e non sei cal das dúas foi máis dura’, comentáballe a propia poeta a Belén Regueira nestoutra entrevista no Diario Cultural da Radio Galega.

Emigrou moi nova, parando primeiro na Arxentina e despois en Francia antes de regresar a Santiago. Escribe poesía desde os anos 60, todos os días, despois de empezar a ler a Rosalía e Cabanillas. “Sempre reflexando o que pasa no mundo, o que pasa en nós…e como nos queren facer tragar pedras de muíño”, apunta Luz Fandiño sobre a temática que tingue a súa creación, reflexo á súa vez do seu compromiso feminista e político. “É unha muller que está moito máis á esquerda que a esquerda, incorruptible nos seus ideais”, di dela Sonia Méndez.

O documental “A poeta analfabeta”, premiado co Luisa Villalta en 2019, proxectarase este domingo en Moeche gracias á colaboración da área de Igualdade da Deputación da Coruña. A entrada é gratuíta e non require inscrición previa. O pase comezará ás 17:30h no Centro Cultural Francisco Piñeiro, en Abade, e encádrase nas actividades municipais co gallo das Letras Galegas.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas