Home Pontevedra Caldas Actos de conmemoración do 50º Aniversario do CPI Domingo Fontán

Actos de conmemoración do 50º Aniversario do CPI Domingo Fontán

- Anuncio -

Este curso 2021/22 coincide co 50o Aniversario da creación do centro “Escuela Graduada Mixta Domingo Fontán”, inaugurada o 18 de xaneiro de 1972, na actualidade Centro Público Integrado Domingo Fontán.

Ao longo deste curso desenvolvéronse diferentes actividades enmarcadas dentro desta conmemoración: deseño e creación de marcapáxinas e chapas, obradoiro de caligrafía medieval (departamentos de Ciencias Sociais e de Debuxo), presentación do centro e do aniversario á Gorenychi Secondary School de Ucrania (Sección Bilingüe), obradoiro de
fotomontaxes: Galería “O CPI polo mundo” (Departamento de Debuxo), presentación do centro e do aniversario no proxecto eTwinning EuroMission con escolas de Madeira, Turquía e Eslovaquia (Equipo de Proxectos Europeos), exposición con fotografías sobre a evolución do edificio do CPI (Departamento de Debuxo), hashtag en Twitter: #EstudieiNoCPIDomingoFontan #traballeiNoCPIDomingoFontan e etiqueta: @BiblioDf.

A Comisión organizadora dos actos conmemorartivos, ten programado
para o vindeiro 7 de maio, sábado, un Acto de inauguración ao que está convidada toda a comunidade educativa presente e pasada do noso centro. O programa desta xornada é o seguinte:
 Ás 11:30 horas. Entrada no recinto escolar acompañamento da Banda de Música de Lantaño.
 Ás 11:45 horas. Coloquio radiofónico de directores do centro. Intervirán as persoas que exerceron e exerce na actualidade o cargo

Centro Público Integrado Domingo Fontán (Portas)

R./ A Rapeira no 9. 36658 – Portas (Pontevedra).🕿 886 151 634. E-mail: cpi.domingo.fontan.portas@edu.xunta.es de director ou directora con participación de D. Gerino Calvo Maquierira.
 12:15 horas. Concerto da Banda de Música de Lantaño.
 12:45 horas. Degustación de petiscos e bebida por xentileza do Concello de Portas.

Organiza: Comisión Organizadora dos Actos do 50o Aniversario do CPI Domingo Fontán.

Colaboran: Concello de Portas, Agrupación de Protección Civil de Portas, Banda de Música de Lantaño.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas