Home Pontevedra Caldas O concello de Portas abre o prazo este luns para que os...

O concello de Portas abre o prazo este luns para que os mozos e mozas entre 16 e 30 anos poidan retirar as entradas nominativas gratuítas para o “PortAmérica”

- Anuncio -

Deberán estar empadroados en Portas e acudir ás oficinas municipais provistos do DNI antes do 20 de maio.

O Concello de Portas abre o prazo a partir deste luns día 9 de maio e ata o venres 20 de maio para que os mozos e mozas con idades comprendidas entre 16 e 30 anos e que estean empadroados no municipio que queiran asistir gratuítamente ao Festival “PortAmérica” poidan retirar as súas entradas nominativas nas oficinas municipais.

As entradas serán nominativas, persoais, individuais e intransferibles polo que os interesados en beneficiarse do acordo entre o Concello de Portas e a organización do “PortAmérica” deberán persoarse co seu DNI nas oficinas municipais, en horario de 9 a 14 horas, para que se poida comprobar a súa identidade, a súa idade e que está realmente empadroado no municipio para poder retirar a entrada gratuítamente.

O tramo de idades dos beneficiarios reflicte os mesmos do carné xove, coa salvedade que se parte dos dezaseis anos, xa que para poder acceder ao recinto, o poderán facer sen a necesidade de ir acompañados dun adulto, aínda que non se lles servirán bebidas alcohólicas, e precisarán dunha autorización do seu responsable legal.

“PORTAMÉRICA”, UN ACONTECEMENTE MOI ESPERADO POLA MOCIDADE

O equipo de goberno ten detectado o grande interese amosado pola mocidade en asistir aos concertos programados por “PortAmérica” polo que fará un esforzo económico para que as mozas e mozos do municipio desfruten do festival musical. Deste xeito pretenden compensalos, polo seu exemplar comportamento cívico durante estes dous longos anos de pandemia, e así poidan asistir ao festival, totalmente gratis.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas