Home Pontevedra Deza Lete Lasa destaca o "pasado, presente e futuro" do motociclismo galego na...

Lete Lasa destaca o “pasado, presente e futuro” do motociclismo galego na presentación da primeira proba do Mundial de Enduro de Lalín

- Anuncio -

_Lete Lasa lembra aos mellores pilotos galegos e lembra a proba do Campionato do Mundo de Enduro de 2019 en Santiago de Compostela, “tres anos despois e tras unha pandemia, o deporte galego segue acollendo grandes eventos e as licenzas de motociclismo duplicáronse”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou na mañá de hoxe a primeira proba do Campionato do Mundo de Enduro que terá lugar en Lalín nesta fin de semana e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia. Nas súas verbas, o mandatario galego destacou o “pasado, presente e futuro” do motociclismo galego que contou e conta con grandes nomes como os de López Mella ou Dani Rivas e, nas modalidades off-road, destacou o gran papel que están a levar a cabo no contexto internacional Jorge Caselas e Gabriel Marcelli en trial, así como Rubén Fernández e Jorge Prado en motocross, todos eles apoiados pola Xunta de Galicia.

No que respecta ao enduro, Lete Lasa lembrou a carreira de Xacob Agra ao que definiu como un dos responsables de que o enduro galego acadase o seu nivel actual e que grazas a el, moitos mozos seguen os seus pasos como é o caso d e Abel Carballés, que vén de acadar un sexto posto na terceira proba da liga galega de moto de campo en Tui, ou dos outros cinco galegos que tomarán a saída nesta primeira proba do Campionato Mundial de Enduro.

O responsable da carteria de deportes serviuse da etimoloxía do enduro, proveniente do francés endurer (resistir), para eloxiar a capacidade de resistencia do deporte galego durante a pandemia. Neste sentido recordou como en 2019 xa se celebrou en Galicia unha proba do Campionato do Mundo de Enduro -en Santiago de Compostela- e dende aquela, a pesar dos dous anos de crise sanitaria, as licenzas de motociclismo duplicáronse ata rozar as 800.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

O Hospital Montecelo acollerá unha xornada de portas abertas ao público sobre a asma...

0
Con motivo do Día Mundial da Asma, o martes 7 de maio, a partir das 13:30 horas, celébrase a I Xornada de Concienciación da...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

Publicacións Relacionadas