Home Vigo Baiona Baiona homenaxea aos sanitarios e a Protección Civil polo seu traballo durante...

Baiona homenaxea aos sanitarios e a Protección Civil polo seu traballo durante a pandemia

- Anuncio -

Os xardíns da Biblioteca Pública Municipal de acollerá o sábado, 07 de maio, ás 18:00 h, unha ‘Homenaxe aos Sanitarios do Val Miñor’.

O grupo de fusión de arte do Val Miñor “ Solaina” integrado por Soledad García, Laine Villero e Natalia Guisande , presentaron ao rexedor baionés un proxecto que xurdiu durante a pandemia que tivo como resultado o poemario “ PoemarCovida”, imaxes de palabra e vida. Ao coñecer o traballo das artistas o Alcalde de Baiona ideou que este bonito traballo podía formase parte dunha homenaxe aos sanitarios da comarca.

Este grupo composto pola escritora Soledad García, a pintora Laine Villero y la ilustradora Natalia Guisande, presentarán así o seu novo proxecto PoemarCovida co Concello de Baiona, unha mistura de poesía, pintura e deseño, para facer unha homenaxe ao persoal sanitario do Val Miñor e deixar constancia no entorno máis local da situación vivida, pois a cultura non é allea ao que sucede.

Cunha dilatada traxectoria neste último ano, o grupo de fusión Solaina, autoras dos libros infanto-xuvenís “Dedas” e “Un paseo por Nigrán (Costa)” inundarán de poesía, pintura e deseño os xardíns da Biblioteca municipal de Baiona co seu novo traballo, PoemarCovida. A escritora Soledad García realizará un recital poético para os asistentes, amenizado polo guitarrista Pablo Prego do centro de música Gain Over.
O recital será o fío conductor que formará parte do acto de homenaxe organizados polo Concello de Baiona.
Á iniciativa idea polo Concello de Baiona sumaranse tamén os Concellos de Nigrán e de Gondomar.
Así mesmo, o acto tamén será unha homenaxe aos todos os voluntarios e voluntarias de Protección Civil do en recoñecemento ao seu gran traballo durante a pandemia.

“Trátase dun evento no que imos levar a cabo un acto de recoñecemento, gratitude e memoria cara a todas esas persoas que foron absolutamente esenciais durante a pandemia. Todos eles cumpriron unha función elemental nos tempos complicados que nos tocaron vivir. ”, indicou o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas