Home O Morrazo Marín O Día das Letras Galegas estará marcado pola poesía en Marín

O Día das Letras Galegas estará marcado pola poesía en Marín

- Anuncio -

O propio 17 ás 12.00 horas no Museo farase entrega do galardón ao gañador ou gañadora do Concurso de Poesía do Concello.

O Día das Letras Galegas estará marcado este ano na nosa vila pola poesía. O Premio de Poesía que o Concello convocou por mor da celebración deste día recibiu, tal e como explicou a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, 27 traballos na modalidade de adultos e 9 na de escolares.

“É un ano especialmente bo na participación deste certame, que consideramos unha oportunidade boísima para que aquelas persoas que utilizan a nosa lingua para facer literatura poidan optar á visibilidade que dá sempre un concurso e, no caso dos adultos, a un premio de 1.000 euros”, explicou a concelleira.

O premio entregarase o propio 17 de maio ás 12.00 horas, nun acto no Museo Manuel Torres. Despois, ás 13.00 horas, a Alameda acollerá un concerto do grupo Picuíña.

Ademais, de xeito paralelo para celebrar o Día das Letras, a Biblioteca Pública Vidal Pazos acollerá distintas actividades de contacontos, como a que xa se celebrou o pasado día 7 e a que está prevista para o 28.

Tamén na Biblioteca haberá unha exposición dos carteis elaborados pola Xunta de Galicia sobre a vida e a obra do poeta do Barco de Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas