Home Xunta de Galicia A Xunta presenta a maior campaña de verán da historia con máis...

A Xunta presenta a maior campaña de verán da historia con máis de 10.800 prazas para multitude de actividades

- Anuncio -

— A campaña terá como lema ‘O verán que queres contar’, ampliará en tres mil as prazas oferta-das o ano pasado e en mil as que había antes da pandemia

— Inclúe campamentos en 36 instalacións diferentes, 45 campos de voluntariado, programas de intercambio bilateral con outras comunidades, minicampamentos en establecementos turísti-cos e estancias en instalacións xuvenís

— Entre as novidades atópanse dúas novas localizacións de campamentos —en Xunqueira de Ambía e na Veiga—, nove campos de voluntariado totalmente novidosos e recupérase o pro-grama de campos internacionais

— O Diario Oficial de Galicia publicará esta oferta o vindeiro luns, de maneira que as persoas in-teresadas contarán cun prazo de sete días desde o mércores, despois do día festivo para solici-tar unha praza

— As persoas con discapacidade poderán elixir entre presentarse polo procedemento xeral ou a través das prazas reservadas para eles, e haberá, ademais, unha convocatoria específica para persoas con discapacidade de entre 11 e 50 anos

A Xunta presentou a campaña de verán para este ano 2022, que será a maior da historia ao contar con máis de 10.800 prazas, tres mil máis que o ano pasado e mil máis que antes da pandemia. A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, detallou esta mañá o catálogo de actividades deseñado para esta edición no campamento xuvenil Pontemaril, en Forcarei, onde salientou que se trata dunha oferta ampla e variada para que a xuventude galega siga desfrutando dun verán cheo de experiencias que compartir e lembrar ao longo da súa vida.

Baixo o lema O verán que queres contar, a campaña estival para este ano 2022 inclúe campamentos en 36 instalacións repartidas por toda a Comunidade para mozas e mozos de entre 9 e 17 anos; 45 campos de voluntariado en Galicia e tamén noutras Comunidades Autónomas e no estranxeiro para maiores de idade ata os 30 anos; programas de intercambio bilateral con outras comunidades; minicampamentos ‘Coñece Galicia’ en establecementos turísticos para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos; e estancias en instalacións xuvenís para entidades ou asociacións.

A conselleira concretou que entre as novidades desta edición atópanse tres campamentos totalmente novos, dous deles en novas instalacións situadas en Xunqueira de Ambía e na Veiga; nove campamentos de voluntariado novidosos en concellos como Mesía, Baleira ou Sanxenxo; e recupéranse os campos de voluntariado internacionais doutras edicións para realizar actividades noutros países de todo o mundo. As actividades realizaranse durante os meses de xullo, agosto e comezos de setembro.

Prazo de solicitudes
O Diario Oficial de Galicia publicará o vindeiro luns esta oferta de actividades para a xente nova, o que significa que o mércores, despois do festivo, abrirase un prazo de sete días para que as familias soliciten praza a través da páxina web de xuventude. Trátase dunha oferta inclusiva e aberta ás persoas con discapacidade que poderán decidir se presentarse polo procedemento xeral ou a través das prazas reservadas. Coma en cada edición, haberá ademais a posibilidade de optar a campamentos específicos para persoas con discapacidade de entre 11 e 50 anos.

Fabiola García lembrou que esta campaña de verán permite que as mozas e mozos pasen un verán inesquecible, pero tamén representa un importante recurso de conciliación para as familias. Neste sentido, afirmou que o Goberno galego segue poñendo facilidades para que as nais e pais poidan conciliar a súa vida familiar e laboral.

O Goberno galego incrementou a súa oferta de ocio e tempo libre para este verán ao igual que o leva facendo o resto do ano a través dos programas Primavera Xove e Outono Xove. Con estas iniciativas, póñense en marcha actividades destinadas á xente moza nos espazos xoves de toda a Comunidade, encontros formativos e de networking nos campus universitarios e estadías en albergues xuvenís durante as fins de semana ou en períodos vocacionais como a Semana Santa.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas