Home Tabeirós A Estrada O Centro de Información á Muller do Concello atendeu case medio milleiro...

O Centro de Información á Muller do Concello atendeu case medio milleiro de consultas no 2021

- Anuncio -

o 121 mulleres, na súa meirande parte de entre 25 e 54 anos, casadas e con dous fillos, beneficiáronse no último ano dos seus servizos de asesoramento xurídico e atención psicolóxica

o A Concellería de Igualdade e o CIM impulsarán nos vindeiros meses unha aplicación móvil gratuita con información e recursos sobre a igualdade

A concelleira de Igualdade, Amalia Goldar, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello, Margarita de la Calle, fixeron balance dos servizos prestados no CIM durante o ano pasado e destacaron que foron rexistradas un total de 481 consultas por parte de 121 mulleres.

A edil de Igualdade sinalou que se trata da “cifra máis alta dos últimos tres anos”, superando ás 379 do 2020 e ás 439 acadadas no 2019, e explicou que o dato real é aínda maior, xa que “moitas consultas, sobre todo dende a chegada da pandemia, realízanse por teléfono e non se rexistran”. Do total, 229 consultas dirixíronse á obtención de asesoramento xurídico e outras 169 a recibir apoio psicolóxico.

Dentro dos servizos de asesoramento xurídico, a maioría das persoas que asistiron demandaron información sobre dereito de familia e dereito civil. Concretamente, entre as solicitudes que máis se repetiron atópanse aquelas encamiñadas a obter axuda sobre a liquidación de bens gananciais, a solicitar un/unha avogado/a de oficio e a coñecer os pasos que deben dar para levar a cabo o divorcio, sumando unhas 18 consultas por este tema, aínda que esta cifra supón 16 menos con respecto ao ano anterior. A directora do CIM, Marga de la Calle, explicou que esta redución dos divorcios pódese deber a que “coa
situación de inseguridade provocada pola pandemia cada vez atrevéronse menos persoas a dar o paso”.

No eido da axuda psicolóxica, a actividade do CIM centrouse na súa maior parte en ofrecer sesións de terapia individual para tentar solucionar problemas familiares ou de parella e, en segundo lugar, a atender 54 consultas de víctimas de violencia de xénero, dúas menos ca no 2020.

Analizando os datostamén podemos definir un perfil das persoas que foron asistidas polo
CIM no ano 2021. A demandante maioritaria sería unha muller cunha idade comprendida
entre os 25 e os 65 anos -aínda que as consultas máis habituais protagonizáronas
mulleres de 25 a 54 anos-, casada, con dous fillos, cun nivel de estudios primarios,
desempregada e residente no centro urbano.
A concelleira de Igualdade sinalou que se trata dun “balance positivo” que amosa “a
importancia deste recurso para a cidadanía estradense”, e avanzou que están a traballar
nunha aplicación gratuita para móviles “que sairá nos vindeiros meses” con recursos e
información de interese para a veciñanza sobre a igualdade.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas