Home Pontevedra Deza O centro que COGAMI ten en Medelo contará cun posto na feira...

O centro que COGAMI ten en Medelo contará cun posto na feira de Bandeira coa colaboración do Concello de Silleda

- Anuncio -

Os días 14 e 29 o centro de recursos de Medelo poderá vender neste mercado tradicional os produtos artesanais que se elaboran nos seus obradoiros.

Para a participación nesta feira asinouse un acordo de colaboración entre o alcalde do Concello de Silleda e o responsable do centro de recursos de Medelo.

O Concello de Silleda e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) continúan a súa colaboración a través dun convenio para que o centro de recursos que a entidade ten en Medelo, na parroquia de Manduas, poida poñer un posto de venda os días 14 e 29 na feira da Bandeira.

Deste xeito, o personal do centro, que conta con 26 persoas usuarias, poderá vender neste mercado tradicional os produtos artesanais que se elaboran nos seus obradoiros. “Con este novo acordo continuamos a apoiar a importante labor que COGAMI vén realizando neste centro”, indicou o alcalde, Manuel Cuiña, que asinou o convenio acompañado das concelleiras de Iguadade e Benestar, Ángela Troitiño, e de Comercio, Pili Peón.

Pola súa banda, Iván García, director do centro de recursos de Medelo, agradeceu esta nova colaboración do Concello de Silleda, que permitirá á entidade seguir avanzando na súa labor no eido da inserción social e laboral das persoas con discapacidade.

No centro de Medelo realízanse obradoiros de cociña, traballos con vimbia, coiro, barro, madeira, teares… que contribúen a potenciar a formación e desenvolvemento das persoas usuarias. Con esta iniciativa contribúese ademais a que as persoas usuarias do centro melloren a súa interacción coa contorna e a sociedade en xeral.

Deste xeito, COGAMI estrearase mañá sábado día 14 na feira da Bandeira, onde o público poderá adquirir distintos produtos artesanais realizados no centro de Medelo, “unha forma de colaborar cunha boa causa, con produtos que levan como valor engadido un compoñente social”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

O centro de Medelo
É un centro de día e ocupacional ao que acoden de luns a venres, en horario de 10 a 17 horas, un total de 26 persoas usuarias dos concellos de A Estrada, Cuntis, Forcarei, Silleda, Vedra e Vila de Cruces.

Neste centro préstanse apoios para cubrir as necesidades das persoas con discapacidade e familias, mellorándolles a autonomía e a calidade de vida a través de programas de rehabilitación, educación básica, obradoiros de artesanía e formativos, actividades de lecer, deportivas e culturais, ademais de transporte adaptado e servizo de comedor.

Un equipo formado por 13 profesionais encárgase de valorar as necesidades de cada unha das persoas usuarias e, segundo estas, deséñase un plan de atención individualizado adecuado aos programas e servizos do centro.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas