Home Deputacións Deputación Pontevedra O Museo acolle o 25 aniversario do proxecto "Voilá la Femme" unha...

O Museo acolle o 25 aniversario do proxecto “Voilá la Femme” unha mostra colectiva sobre a muller, aidentidade e o xénero

- Anuncio -

Exporanse obras de 25 creadoras galegas co obxectivo de facer visible a creación artística realizada por mulleres

O Museo de Pontevedra acollerá entre este xoves 19 de maio e o 10 de xullo o 25 aniversario do proxecto ‘Voilà la femme’ cunha mostra colectiva sobre a muller, a identidade e o xénero da man de 25 creadoras galegas.

Voilà la femme’ naceu en marzo de 1992 no Ateneo Santa Cecilia de Marín e creouse para reivindicar o papel das mulleres no ámbito da arte e da cultura, converténdose nun referente emblemático a nivel artístico por consolidarse como a mostra de mulleres artistas con maior traxectoria dentro do territorio español.

O proxecto chega ao Museo de Pontevedra pola súa especial relación coa cidade despois dunha ampla traxectoria. Así, o Edificio Castelao acollerá unha selección das obras das artistas máis relevantes que participaron nas súas 25 edicións, en total máis de 200, que naceron, viven ou traballan en Galicia, moitas delas téndose formado ou impartido docencia na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

A mostra do 25 aniversario no Museo está comisariada por Yolanda Herranz Pascual e Celeste Garrido Meira, e conta coa participación de Menchu Lamas, Berta Cáccamo, Ánxeles Iglesias, Yolanda Herranz Pascual, Celeste Garrido Meira, Carmen Hermo, Carme Nogueira, Sonia Tourón, Mª Covadonga Barreiro, Basilisa Fiestras, Ana Gil Rodríguez, Laura Piñeiro Meana, María Castellanos, Itziar Ezquieta Llamas, Sara Sapetti, Gema López González, Colectivo LAG (Lara Buyo y Ana Corujo), Mery Pais Domínguez, Mar Vicente Souto, Raquel Blanco, Noemí Lorenzo, Beatriz Sieiro Caramés, Nuria Ruibal, Reme Remedios e Paloma Cabello.

Trátase dunha exposición que pretende contribuír a poñer no foco e na axenda pública o debate sobre onde están as mulleres artistas nos museos, reivindicando a arte en feminino con conciencia e compromiso a través de grandes eventos e aumentando as obras femininas expostas nas coleccións temporais. Todo iso para xerar unha reflexión sobre a identidade e a desigualdade.

A inauguración será o xoves 19 ás sete e media da tarde. Posteriormente, realizaranse visitas guiadas e outras actividades a cargo das artistas para facilitar unha aproximación e coñecemento das obras e do plantexamento feminista da mosta. Tamén se editará un catálogo que servirá de análise e estudo para investigacións futuras.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas