Home Lugo A Mariña Occidental BNG pregunta polo Skate Park de Viveiro, aprobada a súa construcción mais...

BNG pregunta polo Skate Park de Viveiro, aprobada a súa construcción mais sen avances

- Anuncio -

En setembro do ano pasado o BNG de Viveiro, por medio da súa portavoz Míriam Bermúdez, levou ao pleno a construcción dun Skate Park, demanda histórica nunha vila con moita cultura tanto no mundo do surf como do skate. A moción saíu aprobada coa mención unánime da corporación sobor os éxitos dxs nosxs surfistas, pero a día de hoxe o Goberno do PSOE segue sen poñer os medios necesarios para que poidan adestrar e desenvolver todo o seu potencial, e tamén sen crear escolas de base para atraer e animar ás crianzas a interesarse por este deporte.

A proposta foi aprobada por unanimidade, pero a María Loureiro púidolle máis o orgullo que o propio beneficio para a veciñanza dicindo literalmente que se ía facer, pero cando o goberno o decidira e non cando o dixera o BNG. Na actualidade non se coñece ningún trámite neste eido, polo que parece que o goberno non se debeu decidir aínda.

Un skate park en Viveiro tamén atraería xente doutras vilas, cos beneficios que iso suporía. Teremos que agardar a pesar de que a demanda crece, mentres as nosas e os nosos skaters se ven obrigados a desprazarse a San Cibrao, Foz, Ribadeo, Lugo ou O Saviñao, vilas nas cales si existen este tipo de instalacións.

Dende o BNG demandamos unha vez máis que o goberno atenda as demandas da veciñanza e cumpra co acordo plenario de crear un Skatepark en Viveiro.

Relacionadas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

Publicacións Relacionadas