Home Vigo Baiona Os tres concellos do Val Miñor celegrarán o 5 de xuño a...

Os tres concellos do Val Miñor celegrarán o 5 de xuño a “Festa da Bicicleta” conxunta tras dous anos sen realizarse

- Anuncio -

A 32 edición, que se festexa cada 17 de Maio, tivo que ser aprazada pola previsión de choiva. O evento mantense iguel e recupera o formato habitual pre-pandemia, finalizando a marcha en Nigrán ao corresponderlle este ano a organización

As inscricións realizaranse nos respectivos puntos de saída de cada municipio con 40 minutos de antelación. Os tres grupos encontraranse na Ramallosa para ir xuntos cara a Panxón, onde rematará co sorteo de agasallos

Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos finalmente este domingo 5 de xuño para festexar a tradicional ‘Festa da Bicicleta’ que sempre reúne a centos de persoas e que non se puido celebrar no seu día, o 17 de Maio, ante a previsión de choiva. O evento permanece igual a como se expuxera inicialmente. Así, esta 32 edición recuperará o formato habitual pre-pandemia tras dous anos sen poder celebrarse conxuntamente. Nesta ocasión a marcha finalizará en Panxón ao corresponderlle a quenda da organización a Nigrán, quen contará con ‘Discamino’ como entidade invitada para abrir a súa marcha coas bicicletas adaptadas do consistorio. O obxectivo, un ano máis, é que sexa unha xornada festiva en toda a comarca para vivir con familia e amizades ao tempo que se promove o deporte e a socialización como hábitos saudables.

As inscricións e entrega de dorsais realizaranse nos respectivos puntos de saída de cada municipio con 40 minutos de antelación co único requirimento de ser maior de 7 anos, contar con bicicleta propia e levar casco. Así, en Nigrán partirán ás 10:00 horas desde o Pavillón (rúa ), en Gondomar ás 10:45 horas na Praza Paradela e, en Baiona, tamén ás 10:45 horas desde a entrada do Parador. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes e responsabilidade civil.

A marcha de Nigrán acudirá a ‘recoller’ á de Gondomar percorrendo a estrada da costa (PO-325) para despois coincidir na rotonda da Ramallosa ca de Baiona e, desde alí, pedalear as tres xuntas tamén pola costa cara ao Pavillón de Panxón, onde rematará con sorteo de agasallos e avituallamento. Cada concello achegará unha bicicleta e 20 cascos para sortear entre os seus respectivos participantes.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas