Home Pontevedra A Paradanta Vena coñecer Arbo a través do Centro de Interpretación do Viño e...

Vena coñecer Arbo a través do Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea e gaña premios

- Anuncio -

• Diferentes visitas guiadas gratuítas e sorteos entre os visitantes, para dar a coñecer os grandes acenos de identidade de Arbo como son o viño e a lamprea e facer un percorrido pola historia da Festa da Lamprea que este ano cumplio a súa 62 edición.


• As visitas serán con previa cita no teléfono 670 38 52 72

O Concello de Arbo, seguindo coa súa folla de ruta na promoción dos recursos turísticos, gastronomía, adegas, os viños, a historia, a Festa da Lamprea, lanza a campaña “Visita o Museo Arabo e Gaña”.

O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea Arabo é unha exposición permanente promovida polo Concello de Arbo orientada á posta en valor do patrimonio cultural, etnográfico e enogastronómico do municipio arbense. O eixo temático da exposición vertébrase en dous focos principais: a lamprea –un importante recurso natural, cultural e gastronómico do municipio – e o viño do Condado, pertencente a D.O. Rías Baixas. A exposición tamén fai unha aproximación á historia de Arbo, os seus principais atractivos turísticos e a historia da Festa da Lamprea .

Os destinos rurais reveláronse como os máis atractivos tras o estalido da pandemia. Para os turistas que buscaron viaxar, descansar e relaxarse os espazos rurais han suposto unha gran alternativa que levou a que actividade turística e a promoción realizada dende o Concello, tivese un forte impacto en Arbo, como destino elixido polos turistas – informa o rexedor Horacio Gil

Con tal motivo e para seguir promocionando Arbo e os seus recursos e ofrecer actividades ao turista a partires do 15 de maio os visitantes o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”, o remate da visita recibirán un cupón para participar no sorteo de diferentes lotes de viño e licores das adegas de Arbo.

No Museo Arabo, poderán coñecer Arbo, a atraves dos paneis e completar o contido dos sete vídeos editados en galego, ingles e castelán cunha duración de pouco máis dun minuto.

Para máis información e reserva no teléfono 670 38 52 72

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas