Home Pontevedra A Paradanta A Campaña "Quere o teu Mercado" chegará á Praza de Abastos de...

A Campaña “Quere o teu Mercado” chegará á Praza de Abastos de Arbo sábado 28 de maio

- Anuncio -

• “Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha inciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.

• O sábado 28 de maio na Praza de Abastos de Arbo, música, talleres para @s cativ@s, agasallos e sorteos.

A praza de abastos de Arbo participa un ano máis na campaña internacional “ Quere ou teu mercado”. Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asintan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.

No caso de Arbo, os nenos e nenas poderán achegarse ao Mercado Municipal o vindeiro sábado 28 a partires das 10:30, e aprender dun xeito divertido a coñecer as verduras, froitas, peixes e carne, ao mesmo tempo que recibiran un agasallo e disfrutaran de xogos e música.
Os participantes na campaña e os compradores recibiran unha papeleta para entrar no sorteo de agasallos e produtos.
Con esta iniciativa preténdese fomentar o consumo de productos frescos no Mercado, que no caso de Arbo lévase mellorado considerablemente nos últimos anos.
Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas…que require unha dieta equilibrada e saudable.
Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados.
Dende hai cinco anos o Concello de Arbo e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, celebra a campaña “Quere o teu mercado”, co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 32.000 euros ao Concello de Rodeiro para cubrir a...

0
Trátanse da totalidade dos recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que correspondían á vila e que repartiron xa máis de 2,4 millóns de...

A Concellería de Turismo realiza unhas visitas guiadas na península de Santa Marta “Seguindo...

0
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, aposta por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural...

O pleno da corporación aproba varias mocións con peticións cidadás

0
• Entre as propostas estaban, entre outras, a reivindicación sobre a mellora integral da praia de Pescadoira ou a reclamación á Xunta de Galicia...

A Deputación de Pontevedra convida a Antón Pulido a participar en “Conversas con arte”

0
A conferencia do artista terá lugar o próximo martes, 14 de maio, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial coa presenza...

As competicións de atletismo e xedrez de Abanca Semana Verde volven en 2024 xa...

0
A CARREIRA POPULAR CHEGA Á SÚA NOVENA EDICIÓN E O OPEN DE XADREZ Á QUINTA, ESTANDO ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR EN AMBAS CITAS TERÁN...

O Concello de Nigrán inicia este xoves coa súa primeira celebración oficial da festa...

0
O muíño de Porto do Molle será o epicentro de gran parte das actividades programadas en homenaxe a Luísa Villalta e de exaltación da...

Publicacións Relacionadas