Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza As competicións de atletismo e xedrez de Abanca Semana Verde volven en...

As competicións de atletismo e xedrez de Abanca Semana Verde volven en 2024 xa consolidadas nos calendarios destas disciplinas

- Anuncio -
  • A CARREIRA POPULAR CHEGA Á SÚA NOVENA EDICIÓN E O OPEN DE XADREZ Á QUINTA, ESTANDO ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR EN AMBAS CITAS
  • TERÁN LUGAR OS DÍAS 31 DE MAIO E 1 DE XUÑO


A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal celebrará a súa 46ª edición entre os días 30 de maio e 2 de xuño, acollerá de novo as súas competicións de atletismo e xadrez, as cales xa están consolidadas no calendario destas dúas disciplinas deportivas.

Así, acollerá a IX Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia, organizada pola entidade feiral xunto coa Federación Galega de Atletismo e co patrocinio de Abanca.

A proba dará comezo ás 20.00 horas do 31 de maio, incluíndo o seu percorrido unha pequena parte no recinto e o resto en zonas exteriores próximas ao mesmo. Establece dúas categorías, Escolar, que inclúe Pitufos, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Sub 18; e Absoluta, con Sub 20, Sub 23, Senior, Máster A, Máster B, Máster C e Máster D. Os atletas, que poden ser federados ou non, deben inscribirse ata o 28 de maio en www.carreirasgalegas.com. O custo é de 5€ para a categoría Absoluta e gratuíta para as Escolares.

Por outra banda, o Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia, levará a cabo a súa quinta edición. Será o sábado 1 de xuño e contará con cinco categorías distintas, as cales serán totalmente independentes e corresponderanse con Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Absoluta.  Xogarase con sistema suízo a 8 roldas mediante programa informático homologado pola Federación Internacional (4 en sesión matutina e 4 de tarde), co cal ningún xogador quedará nunca eliminado, enfrontándose en cada rolda os xogadores da mesma puntuación. Contará cun total de 2.000€ en premios e na categoría Absoluta será de novo puntuable para a clasificación internacional Elo FIDE.

Os interesados en participar no torneo, que inaugurará este ano o Circuíto Galego de Promoción, poden inscribirse no formulario oficial do evento, o cal figura en www.semanaverde.es/bases_Open_Xadrez.pdf. Poderán facelo ata o día 30 de maio ás 20.00 horas, sendo gratuíto tanto para participantes ata 16 anos como participantes con puntuación a partir de 2.200 Elo, e cun custo de 10€ para maiores de 16 anos que non conten con esa puntuación.

Eventos de referencia

A Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia é xa cita obrigada para multitude de persoas de toda a Comunidade, inscribíndose na pasada edición máis de 170 deportistas.

En canto ao Open de Xadrez, é un evento marcado no calendario de gran cantidade de xadrecistas. Tanto é así que na edición de 2023 contou coa participación de cinco Grandes Mestres, como foron o serbio Aleksa Strikovic, o español Gabriel del Río, o uzbeko Ibrahim Khamrakulov, o búlgaro Vladimir Petkov e o cubano Arián González.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas