Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán inicia este xoves coa súa primeira celebración oficial...

O Concello de Nigrán inicia este xoves coa súa primeira celebración oficial da festa dos ‘Maios’ un mes completo de actividades culturais adicadas ás Letras Galegas

- Anuncio -

O muíño de Porto do Molle será o epicentro de gran parte das actividades programadas en homenaxe a Luísa Villalta e de exaltación da nosa língua. Haberá desde foliada a concertos, teatro e xogos tradicionais

O Concello de Nigrán inicia este xoves coa súa primeira celebración oficial da festa dos ‘Maios’ un mes completo de actividades culturais adicadas ás Letras Galegas e, máis en concreto, á figura homenaxeada de Luísa Villalta. O recentemente rehabilitado muíño de Porto do Molle será o escenario elixido para a maior parte das actividades que se levarán adiante ata o 31 de maio. Alí haberá desde foliada a teatro, concertos, actividades infantís…

“Fixemos unha programación con actividades vinculadas directamente coa vida e obra de Luísa Villalta e outras de exaltación da nosa lingua a través da música, o teatro, contacontos ou incluso brinquedos tradicionais, a maioría delas enfocadas á infancia, xa que aí está o futuro do galego”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González, quen defende o muíño de Porto do Molle como a mellor das localizacións. “Estamos moi orgullosos de poder empregar o muíño porque representa a arquitectura máis tradicional de Galicia e porque forma parte do noso patrimonio cultural, nestes espazos naceron as muiñeiras, así que non hai mellor escenario posible para as Letras Galegas”, explica.

Deste xeito, o Concello de Nigrán celebra por vez primeira este xoves 9 a súa propia festa dos ‘Maios’ con todos os colexios de Nigrán, que exporán as súas creacións a partir das 10:00 horas no exterior do muíño de Porto do Molle. Alí terá lugar a actuación de Trémola Teatro ‘A nena do violino e a poesía’, en homenaxe a Luísa Villalta, escritora e violinista. Ao día seguinte, ás 20:00 horas, o grupo ‘Os Alegres do Val Miñor’ levará a cabo a función ‘Aí ven o Maio’, mentras que o sábado 11 á mesma hora terá lugar unha foliada cos gaiteiros e pandereteiras do Sobreiro e a actuación ‘De flor en flor’, da intérprete Leni Pérez e o acordeonista Roberto Comesaña.

O domingo 12 a programación trasládase ao Auditorio co concerto-homenaxe a Villalta da Coral Novos Aires de Nigrán ás 20:00 horas; e o martes 14 e xoves 16 á Biblioteca Municipal a partir das 18:00 con contacontos infantís (‘A orixe’, de Raquel Queizás e ‘Contamos en Igualdade’, de Eduvía, respectivamente).

O propio día das Letras Galegas terá lugar no muíño de Porto do Molle a actuación do grupo Varalonga en homenaxe a María Luisa Villalta e Bernardino Graña (escritor galego de referencia que vive nunha residencia de Nigrán desde hai décadas). Pola súa banda, a tarde do sábado 18 estará adicada á cativada cos brinquedos tradicionais de ‘Xogando Miudiño’ e actividades de Teatro do Ar. Finalmente, o venres 31 de maio péchase a programación na Praza do Concello coa obra ‘De Vilatriste a Vilalegre’, de ‘Utópica Rodante’, do Centro Dramático Galego

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas