Home Ourense Galicia inviste 1,5M€ en Fondos Europeos para a recuperación de dous espazos...

Galicia inviste 1,5M€ en Fondos Europeos para a recuperación de dous espazos mineiros en Valdeorras

- Anuncio -

— Trátase de dous dos nove terreos mineiros aos que Galicia vai destinar, en total, 3,6M€ para a súa restauración

— Conde asegura que tanto a recuperación de espazos mineiros como a valorización dos recursos xeolóxicos son clave para fomentar a sustentabilidade nesta industria

— Destaca que un dos principais obxectivos da Axenda de Impulso da Minería Sostible é facer do sector un aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor da industria galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, avanzou hoxe que a Xunta de Galicia vai investir 1,5M€ de fondos europeos para a restauración de dous antigos espazos mineiros do municipio de Carballeda de Valdeorras: Pizarras Tranquila e Pena Pandela.

Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, Conde mantivo esta mañá un encontro con representantes do sector da lousa na comarca e visitou os terreos destas antigas explotacións. Trátase de dous dos nove espazos mineiros aos que Galicia vai destinar, en total, 3,6M€ para a súa restauración, no marco dos fondos que o Goberno central asignou ás comunidades autónomas para este fin.

O vicepresidente económico defendeu que o sector mineiro galego aposta por aproveitar de maneira racional, ordenada e eficiente os recursos cun mínimo de impacto ambiental. E, nesta liña, asegurou que tanto a restauración de espazos mineiros como a valorización dos recursos xeolóxicos son clave para fomentar a sustentabilidade nesta industria.

Segundo dixo, este é un dos principais obxectivos da Axenda de Impulso da Minería Sostible que a Administración autonómica está elaborando en consenso co sector. Busca, impulsar a innovación tecnolóxica e o talento; fomentar a integración ambiental, a economía circular e a posta en valor do patrimonio mineiro de Galicia; e convertelo nun aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor da industria galega.

Conde apuntou que arredor do 8% da produción mineira de España sae de Galicia (246M€ en 2020). E, no que respecta á industria da lousa, sinalou que o peso das exportacións galegas a nivel nacional é do 70%.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Publicacións Relacionadas