Home Pontevedra O PP consegue o apoio unánime para reclamar ao Goberno unha operación...

O PP consegue o apoio unánime para reclamar ao Goberno unha operación para localizar e inspeccionar o Villa de Pitanxo

- Anuncio -

• Tamén recibiron o respaldo para esixir o mantemento das liñas de autobús estatais, que na provincia afecta a Tui, O Porriño, Silleda, Lalín e Forcarei.

O PP conseguiu esta mañá apoio unánime da Deputación para reclamar ao Goberno central unha operación de traballo subacuática para localizar e inspeccionar o Villa de Pitanxo, así como para esixir o mantemento das liñas de autobús estatais que na provincia afecta a Tui, O Porriño, Silleda, Lalín e Forcarei.

No que respecta ao Villa de Pitanxo, a deputada Pepa Pardo sinalou que “nun caso como este só hai unha opción, que é estar cos familiares. E non só con palabras, tamén con feitos”, sinalou a deputada Pepa Pardo durante a súa intervención, na que recordou que esta é unha petición dos familiares dos falecidos e desaparecidos do Villa de Pitanxo, e por iso agradeceu que “a Deputación dea un exemplo de unidade ante esta situación”.

“Cúmprense 129 días desde o naufraxio do Vila de Pitanxo, e desde ese momento os seu familiares fixeron o imposible non só por localizar aos seus seres queridos, senón tamén porque se esclarezan as causas desta traxedia. Exemplo de entereza, persistencia e coraxe”. Por iso, considera fundamental que o Goberno central se comprometa a levar a cabo unha operación que permita localizar o pecio do buque, descender ao mesmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como recoñecer os seus arredores e a zona exterior do buque para verificar a posible localización de corpos dos tripulantes desaparecidos.

“A colaboración do Goberno de España para baixar ao pecio é imprescindible. É viable, así o avalan diferentes informes, pero é necesario que este operativo se poña en marcha de xeito inmediato, pero ademais, existen medios técnicos e económicos para poder levalo a cabo”. Pardo dixo que é “unha tristeza ter que traer iniciativas como esta ás institucións públicas, pero fanse necesarias e é fundamental amosar o noso apoio, e solicitar que se poña en marcha este medio operativo e que sexa de forma inmediata. Calquera negativa sería realmente vergonzoso. É de xustiza e de humanidade trasladar esta proposta ao Goberno de España”.

LIÑAS AUTOBÚS ESTATAIS
Con respecto ás liñas de autobús estatais, os populares tamén conseguiron o apoio de PSOE e BNG para reclamar ao Goberno central que rectifique e manteña as paradas na provincia. O voceiro Jorge Cubela amosou o rexeitamento do PP “a un novo mapa que supón un aldraxe a Galicia, xa que reduce a capacidade de mobilidade dos galegos, en canto elimina paradas, suprime tráficos internos e obriga a facer transbordos nas viaxes de longa distancia”.

Recordou que na provincia, esta medida afecta ás paradas de Lalín, Silleda, Forcarei, Tui e O Porriño. Criticou que este novo mapa de concesións prima a rendibilidade económica, condenando ao rural a un desmantelamento total dos servizos de transporte público, tanto de tren como de autobús. “”Están condenando ao rural a unha perda radical de servizos e de conectividade en trasporte público”. Nesta liña, dixo que “as dificultades de mobilidade no medio rural é un hándicap máis que provoca a perda de poboación, e si o Goberno central en lugar de aumentar as liñas aposta por suprimilas, está provocando un dano irreparable”.

Os populares explicaron que o Goberno central pretende deixar a máis de 136.000 galegos sen parada de autobús, aludindo á pouca poboación ou á baixa demanda; elimina 76 servizos interiores baixo a escusa de que o novo mapa concesional só presta servizos interautonómicos, suprimindo tráficos dentro da comunidade que si se prestan na actualidade; e ademais obriga a moitos galegos a facer transbordos, afectando a máis de 1.100 rutas, que deixarán de prestarse de xeito directo, como ata agora. “Non poden primar a planificación urbana e metropolitana e a rendibilidade económica da mobilidade para prexudicar ao rural”, engadiu.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas