Home Vigo Nigrán Os alcaldes do Val Miñor denuncia a falta de persoal médico no...

Os alcaldes do Val Miñor denuncia a falta de persoal médico no Val Miñor tras rexeitar a Xunta por vez primeira establecer reforzo extra de verán

- Anuncio -

Persoal médico e de enfermaría dos tres concellos enviaron esta semana un escrito á Xunta asinado por 49 profesionais da área reclamando o tradicional reforzo de costa da tempada estival

“A demanda triplícase neste periodo e os profesionais que exercemos a nosa actividade laboral nestes centros non podemos asumir o volume xerado nin nos podemos responsabilizar de ofrecer unha axeitada atención”, sinalan os profesionais

“A correcta atención sanitaria da nosa poboación e dos visitantes que reibimos é un dereito avalado constitucionalmente e que está en serio risco. O propio persoal sanitario da comarca está alertando do caos que se aveciña de non rectificar a Xunta”, advirte Juan González, presidente da Mancomunidade

Os tres alcaldes do Val Miñor reuníronse esta mañá con persoal médico e de enfermaría do Centro de Saúde do Val Miñor para apoiar aos profesionais na súa demanda de máis sanitarios durante a tempada estival. Segundo constataron, a atención na comarca resulta xa deficitaria ante o rexeitamento da Xunta a establecer o tradicional ‘Reforzo de Costa’ formado por médico, enfermera, PSX e, adicionalmente, reforzo do P.A.C.

Precisamente por esta negativa histórica da Xunta pese a ser municipios eminentemente turísticos, o persoal médico e de enfermaría dos tres concellos enviaron o 21 de Xuño un escrito á Xunta asinado por 49 profesionais da área reclamando o habitual reforzo de costa da tempada estival xa que, por vez primeira, a Consellería de Sanidade non o contempla. A isto súmase a non reposición da terceira ambulancia da que sempre dispuxo o Val Miñor, manténdose igualmente en dúas pese ao exponencial incremento da poboación.

“A correcta atención sanitaria da nosa poboación e dos visitantes que reibimos é un dereito avalado constitucionalmente e que está en serio risco. O propio persoal sanitario da comarca está alertando do caos que se aveciña de non rectificar a Xunta. Estamos a falar dun problema para a atención das Urxencias en xeral pero tamén para atender á xente desprazada de fora”, advirte Juan González, presidente de Mancomunidade do Val Miñor e alcalde de Nigrán, quen xunto a Francisco Ferreira, rexedor de Gondomar, e Carlos Gómez, rexedor de Baiona, reclama unha solución inmediata tendo en conta a gran afluencia que se agarda na comarca xa desde este primeiro fin de semana de Xullo.

“Sabiendo la afluencia masiva que acontece en el período estival en la zona de Val Miñor (Bayona, Gondomar, Panxón y Nigrán) al tratarse de una ubicación con un gran interés turístico, consideramos imprescindible mantener el Refuerzo de Costa compuesto por médico/enfermero/PSX y refuerzo del PAC puesto que, es inviable la atención de la población desplazada con los recursos existentes, agravada por los periodos vacacionales del personal”, denuncian los sanitarios en su escrito. “En resumen, la demanda se triplica en este período y los profesionales que ejercemos nuestra actividad laboral en estos centros no podemos asumir el volumen generado ni nos podemos responsabilizar de ofrecer una adecuada atención”, finaliza.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas