Home Xunta de Galicia A Xunta convoca un novo Bono Alugueiro Mocidade, que se poderá solicitar...

A Xunta convoca un novo Bono Alugueiro Mocidade, que se poderá solicitar por medios electrónicos desde mañá

- Anuncio -

As axudas van dirixidas a facilitar ás persoas de entre 18 e 35 anos o pago da súa vivenda ou habitación habitual en réxime de alugamento ou de cesión de uso

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do novo Programa do bono alugueiro mocidade e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

Estas subvencións, que se concederán por un período de 2 anos e cun importe de 250 euros —sempre que non supere a contía da renda mensual—, están dirixidas a persoas de entre 18 e 35 anos que teñan a súa residencia habitual nunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso. De igual xeito, deberán acreditar que dispoñen dunha fonte regular de ingresos e estes non poderán superar 3 veces o Iprem, é dicir, 24.318,84 euros anuais.

A partir de mañá, venres, as persoas que reúnan os requisitos económicos, de idade e todos os que se recollen na propia convocatoria poderán solicitar esta subvención, un trámite que terán que facer, obrigatoria e necesariamente, por medios electrónicos.

Para isto, os interesados deberán presentar o correspondente formulario de solicitude na sede electrónica da Xunta, realizar unha serie de declaracións responsables —oito en total— así como cumprimentar os anexos correspondentes.

A maiores, os solicitantes do bono terán que achegar pola mesma vía a seguinte documentación complementaria:

• Contrato de alugamento da vivenda ou de habitación ou contrato de cesión de uso.
• Referencia catastral do inmoble, se non figura no contrato.
• Documento asinado polo arrendador no que conste o importe da renda ou prezo de cesión individualizado, no caso de que se inclúan gastos de comunidade e/ou anexos, cuxo importe non estivese desagregado.
• Certificado ou volante de empadroamento colectivo no que consten as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda en cuestión; ou ben certificado individual, se na vivenda reside unicamente o solicitante.
• Documentación xustificativa da fonte regular de ingresos da persoa solicitante.

Así mesmo, no caso de que o solicitante teña dereito ao recoñecemento da axuda con carácter retroactivo —desde a data de sinatura do contrato de alugueiro ou cesión, pero nunca con efectos anteriores ao 1 de xaneiro de 2022— tamén deberán presentar estrato ou certificado bancario que acredite o pagamento da renda nas mensualidades anteriores á solicitude, e no caso de que o pago íntegro fose realizado por unha única persoa en nome das restantes, un escrito de conformidade dos outros arrendatarios.

Por último, se o solicitante aínda non ten asinado ningún contrato pero está en condicións de subscribilo, tamén poderá pedir o bono alugueiro mocidade e optar á súa concesión nas mesmas condicións.

Para isto, deberá achegar xunto coa súa solicitude electrónica un compromiso, asinado por arrendador e arrendatario ou arrendatarios, da formalización dun contrato de alugamento ou cesión de uso no que se faga constar o importe da renda ou do prezo da cesión individualizado; o concello no que se localiza a vivenda; a referencia catastral do inmoble; as persoas arrendatarias que subscribirán o futuro contrato; e a data a partir da cal terá efectos económicos.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas