Home Allariz-Maceda Allariz “Cristina Cid, a ‘Alcaldesa Ausente’, pode deixar ós veciños de Allariz sen...

“Cristina Cid, a ‘Alcaldesa Ausente’, pode deixar ós veciños de Allariz sen un novo centro de saúde”

- Anuncio -

Luz Doporto pide explicacións á rexedora despois de coñecerse que o Concello de Allariz leva nove meses sen respostar á Consellería de Sanidade cunha proposta de parcela para edificar o novo centro de saúde, recollido dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria

A voceira do Partido Popular de Allariz lamenta a pasividade de Cristina Cid e encaixa esta situación na “completa desconexión” da alcaldesa coa realidade e as necesidades dos veciños

A voceira do Partido Popular de Allariz, Luz Doporto, rexistrou esta mañá no Concello un escrito solicitando á alcaldesa de Allariz unha xunta de voceiros urxente, para dar explicacións despois de coñecerse que leva nove meses sen respostar á Consellería de Sanidade cunha proposta de parcela para edificar o novo centro de saúde, recollido dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria. Unha situación única entre tódolos concellos galegos incluídos na fase 1 e 2 deste Plan e que, segundo lamenta Doporto, pode “poñer en risco este equipamento, vital para os nosos veciños”.
“Esta situación é inconcibible. Non entendemos esta actitude, máxime cando o grupo municipal do PP temos preguntando en varias ocasións durante os últimos meses por este asunto, sendo a resposta sempre a mesma: ‘En estudo”, resaltou Luz Doporto.

A voceira do PP lamenta a pasividade da alcaldesa: “Hoxe podemos comprobar que a deixadez de funcións de Cristina Cid pode deixar a Allariz fora do Plan de Infraestruturas sanitarias da Xunta de Galicia. Unha cuestión que seméllanos unha traizón a tódolos veciños de Allariz e unha traizón á confianza depositada en ela para a xestión dos recursos e necesidades da nosa vila”.

Luz Doporto analiza esta situación como unha nova proba da desconexión de Cristina Cid coa realidade de Allariz: “Coñecíamos de sobra a falta de comunicación da alcaldesa cos veciños e agora comprobamos ata onde chega o seu nivel de incapacidade para relacionarse con administracións coma a Xunta de Galicia”.

Nove meses sen resposta dende o Concello de Allariz
Despois de aprobar o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, enviou cartas ós alcaldes poñéndose á súa disposición para que o persoal técnico avaliase ás parcelas ofrecidas polos concellos para levantar os centros contemplados na fase 1 e 2 dos plan, entre os que se encontra Allariz.

Como sinalou o propio Julio García Comesaña onte no Parlamento de Galicia, nove meses despois do envío desta comunicación, o Concello de Allariz sigue sen dar resposta. O conselleiro de Sanidade lamentou esta situación e a contrapoñeu ó que sucede en municipios ourensáns como Boborás ou Muíños, onde xa firmaron os convenios e están aprobadas as encomendas de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para licitar este mesmo ano ós proxectos arquitectónicos dos novos.

Relacionadas

La huella en Ourense del Zamora 8, editado pola Deputación, é “un libro...

0
O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe esta publicación xunto ao subdelegado de defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas; ao suboficial maior do Rexemento...

Luis Menor agradece á Fundación Signo a elección de Ourense como sede das súas...

0
As XXVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde, de carácter nacional e organizadas pola Fundación Signo, comezaron hoxe en Ourense e desenvolveranse ata...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

Publicacións Relacionadas