Home O Morrazo Bueu A Xunta aproba o convenio de colaboración entre Sogama e a Mancomunidade...

A Xunta aproba o convenio de colaboración entre Sogama e a Mancomunidade do Morrazo para unha xestión máis sostible da Planta de Transferencia

- Anuncio -

— Este acordo terá unha vixencia de 4 anos e un importe estimado de 543.000 €, que a empresa pública destinará a compensar economicamente ao ente supramunicipal

— Dá cumprimento a un dos obxectivos da Lei de residuos e solos contaminados de Galicia, que é promover a maior cooperación coas entidades locais para prestar un servizo eficiente co menor gasto posible

— A tramitación deste convenio formúlase logo de abonar a Mancomunidade a débeda contraída con Sogama

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2022.- O Consello da Xunta aprobou hoxe a formalización dun convenio de colaboración entre Sogama e a Mancomunidade do Morrazo para unha xestión máis sostible da planta de transferencia da que esta última é titular e que, desde hai anos, dá servizo aos concellos de Bueu, Cangas e Moaña.

Dado que o canon unitario aplicado por Sogama aos 295 concellos adheridos ao seu sistema contempla a xestión deste tipo de instalacións, o transporte e o tratamento final dos residuos urbanos no complexo medioambiental de Cerceda (A Coruña), e tendo en conta de que a Mancomunidade vén sufragando os custos da transferencia, con este acordo, que terá unha vixencia de 4 anos, a empresa pública compensará economicamente ao ente supramunicipal, incrementando a súa achega a un importe estimado de 543.000 euros (IVE incluído).

A través deste convenio dáse debido cumprimento a un dos obxectivos da Lei de residuos e solos contaminados de Galicia, que é promover a maior cooperación coas entidades locais a fin de lograr o mellor resultado ambiental global no tratamento dos refugallos e a máxima eficiencia no uso de recursos públicos.

Se ben as plantas de transferencia traen consigo importantes beneficios ambientais para os concellos ao reducir o transporte de residuos ata Cerceda, minimizando desta forma o tráfico pesado, coa conseguinte diminución de emisións de CO2 á atmosfera, a integración da planta do Morrazo na infraestrutura de Sogama tamén evita a construción dunha nova instalación e os correspondentes custos de xestión e mantemento.

No marco deste convenio de colaboración, Sogama asumirá a completa xestión dos residuos transvasados desde a planta. Isto comprende a recollida de contedores cheos nas instalacións da Mancomunidade e o seu retorno ás mesmas unha vez baleirados no complexo medioambiental de Cerceda.

Así mesmo, e dado que as plantas de transferencia deben cumprir uns determinados requisitos técnicos, a Mancomunidade materializou unha serie de melloras para que poida desempeñar a función asignada con total solvencia e garantías.

Adicionalmente, a instalación debe estar dotada de contedores de residuos homologados para ser transportados por estrada e ferrocarril. O uso deses contedores cederase a Sogama, que se encargará do seu correcto mantemento.

A pretensión última é que a xestión dos residuos producidos nos concellos que utilizan os servizos da planta do Morrazo gañe en eficiencia co menor gasto posible. En todo caso, a tramitación deste convenio formúlase logo de abonar a Mancomunidade a débeda contraída con Sogama, que ascendía a aproximadamente 8 millóns de euros.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas