Home Pontevedra Caldas Manuel Fariña denuncia o caos do Centro de Saúde de Caldas e...

Manuel Fariña denuncia o caos do Centro de Saúde de Caldas e demanda unha ambulancia medicalizada no hospital do Salnés

- Anuncio -

Desde Sanxenxo (onde foi trasladada a ambulancia) a Caldas os tempos de resposta son de máis de 40 minutos, en vez de oito desde o hospital do Salnés

“O Centro de Saúde de Caldas de Reis atópase baixo mínimos históricos, froito dos continuos recortes da Xunta do PP na nosa Sanidade Pública, que impiden prestar o servizo de calidade ao que teñen dereito os nosos veciños e veciñas”, denunciou o portavoz municipal Manuel Fariña.

Fariña denunciou que non se cubran baixas nin vacacións do persoal sanitario, o que leva consigo que o centro de saúde estea baixo mínimos sen o persoal necesario que permitiría unha atención sanitaria en condicións. Lembrou o portavoz municipal do BNG que os veciños e veciñas teñen que agardar durante horas para ser atendidos no PAC, e que en caso de ser trasladadas a urxencias do hospital de Montecelo, teñen que agardar horas en ser atendidos, debido ao o colapso que se vive en Montecelo.

A maiores, denuncia Fariña, o feito de que a ambulancia medicalizada se trasladase no verán do Hospital do Salnés a Sanxenxo, supón un grave prexuizo para a veciñanza de Caldas, xa que uns tempos de resposta de máis de 40 minutos, fan que non sexa operativo enviar a ambulancia desde Sanxenxo para atender as urxencias máis graves.

Unha ambulancia medicalizada no hospital do Salnés é imprescindíbel para garantir unha resposta rápida e eficaz ante calquer problema grave de saúde. Lembremos que os tempos
medios de resposta desde Vilagarcía a Caldas son 8 minutos (15 a San Clemente ou Carracedo, pero só 2 a Godos ou 7 a Saiar). “Esiximos, polo tanto, que unha ambulancia medicalizada estea sempre operativa desde o hospital do Salnés, único xeito de garantir unha rápida actuación en caso de doentes graves. Os veciños e veciñas de Caldas queren e esixen un servizo sanitario público eficiente e de calidade, e o BNG vai estar sempre do seu lado para conseguilo”, explicou Manuel Fariña.

Relacionadas

Redondela incorpora 15 traballadores para os servizos municipais

0
O Concello de Redondela  incorporou 15 novos traballadores. Trátase de dous 2 axudantes para o departamento de electricidade e 10 peóns de obras e...

Redondela celebra o 50º aniversario da Revolución dos Caraveis cunha homenaxe a Durán Clemente

0
O Concello de Redondela conmemora o 50º aniversario da Revolución dos Caraveis (Revoluçao dos Cravos) cun acto que se celebra este xoves, día 9...

O festival Cinema a Pedal anuncia as datas da súa terceira edición

0
• O festival de cinema, deporte e medio ambiente 'Cinema a Pedal', único en toda España, regresa a Nigrán os días 12, 13 e...

Cuntis levará ao vindeiro pleno a nova ordenanza reguladora para o Servizo Municipal...

0
∙ As taxas a aplicar terán en conta factores como o número de efectivos que actúan nas intervencións, o material empregado, o tempo invertido...

O BNG oponse a que o Concello de Vigo venda a “prezo de saldo”...

0
A fronte nacionalista vota en contra do convenio coa promotora privada e esixe que os aproveitamentos urbanísticos se destinen á promoción directa de vivenda...

Luis López aborda unha mobilización de 700.000 euros da Deputación no Concello do Rosal,...

0
O presidente provincial avanzou unha subvención de 126.500 euros para a mellora de tres camiños ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres...

Publicacións Relacionadas