Home Vigo Pazos de Borbén O novo Camiño de Santiago chega a Pazos de Borbén

O novo Camiño de Santiago chega a Pazos de Borbén

- Anuncio -
  • O Concello recibiu ao primeiro grupo de peregrinos do novo roteiro coñecido como Camiño de Taverneiro
  • Os primeiros 90 peregrinos do novo roteiro de peregrinación cara a Santiago de Compostela chegaron onte a Pazos de Borbén, unha das etapas sinaladas neste novo roteiro procedente de Portugal. O alcalde, Andrés Iglesias, e varios membros do goberno local, acompañaron esta mañá ao grupo durante parte do seu itinerario a través do municipio.

  • Esta variante ten as súas orixes no roteiro medieval que os peregrinos realizaban desde a cidade de Braga e que moitos optaban por seguir ao residir preto do seu percorrido e para evitar os perigos que durante moitas épocas supoñía transitar por vías de costa pola posible presenza de piratas e contrabandistas.

  • As etapas principais deste roteiro discorren polo interior da provincia de Pontevedra comezando en Salvaterra e continuando por Ponteareas, Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Cotobade e A Estrada, a última escala antes de chegar a Santiago de Compostela.

  • “O camiño de Santiago é un impulso enorme para a hostalería e a economía de todos os concellos polos que discorre, en calquera das súas variantes”, afirmou Iglesias tras indicar que xa hai establecementos hostaleiros de Pazos de Borbén recoñecidos entre as recomendacións básicas deste roteiro. “Se a afluencia é considerable estou seguro de que pronto xurdirán novos negocios no traxecto, quizá un albergue ou un cámping”, finalizou o alcalde.

  • O novo roteiro toma o seu nome de Ignacio Taverneiro, un fiel peregrino de Santa Eulalia de Caldelas, que faleceu na Estrada o 20 de outubro de 1784 durante a súa viaxe de regreso tras gañar o Xubileu do Ano Santo. Un feito que foi recollido nas crónicas da época ao ser enterrado “pola caridade ao ser pobre de solemnidade”.

  • O Camiño de Taverneiro aínda non está recoñecido como un roteiro Xacobeo oficial, pero conta coa base histórica que acredita o seu interese cultural. O proceso, segundo indican desde o Colectivo DeBragaaSantiago, impulsor do recoñecemento oficial deste novo roteiro, levará tempo, pero xa está estudado e documentado desde hai moitos anos, “o que facilitará a acreditación e o asentamento definitivo do roteiro”, indican os organizadores.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas