Home Pontevedra A Lama Máis de 210 participantes certifican o éxito da xornada de piragüismo organizada...

Máis de 210 participantes certifican o éxito da xornada de piragüismo organizada polo concello da Lama no río Verdugo

- Anuncio -

A gran demanda de participantes obrigou á organización a abrir unha sétima quenda para atender a todas as persoas que quixeron dar un paseo pola augas do Verdugo

Máis de 210 persoas participaron na xornada de piragüismo posto en marcha polo Concello da Lama no río Oitavén que tivo que ampliar a unha sétima quenda os turnos de uso das embarcacións facilitadas polos monitores do Club de Piragüismo de Vilaboa.

As altas temperaturas e un sol radiante animaron aos participantes para surcar o río Verdugo en piragua, unha iniciativa lúdico-formativa para persoas de todas as idades, incluída dentro do plan de actividades do “Verán Cultural” do Concello da Lama e que recobraba a súa celebración despois do parón obrigado pola pandemia da Covid-19.

Os participantes, provistos obrigatoriamente de chaleco salvavidas e supervisados por monitores do Club de Piragüismo de Vilaboa, participaron, ao final en 7 quendas corridas desde as 17 horas, para facilitar un acceso máis organizado e equitativo entre as persoas rexistradas previamente nesta actividade e aquelas que se foron incorporando ao longo da xornada.

Os monitores expuxeron aos participantes os distintos modelos de piragua e diferenzas existentes coas canoas. Tamén explicaron as principais técnicas para facer máis eficiente a palada na auga. Durante a xornada, estiveron presentes os concelleiros David Carrera e Daniel Vidal quen destacaron a importancia deste tipo de actividades que reivindican a relación co medio natural dunha maneira harmónica e respectuosa coa contorna.

A praia fluvial de Ponche Verdugo conta con zona arborizada, espazos de sol e de sombra, mesas e todo tipo de servizos, así como unha serie de melloras realizadas para mellorar o acceso a persoas con mobilidade reducida e con problemas de visión que fan deste lugar uno dos preferidos non só dos residentes e visitantes da Lama senón doutros municipios limítrofes.

O éxito deste evento confirman que esta actividade consolídase como unha cita obrigada do verán para os veciños e veciñas da Lama e os seus visitantes xa que lles permite un maior goce do tempo libre familiar e favorece tamén a interrelación xeracional a través da práctica de actividades saudables e de encontro coa natureza.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas