Home Pontevedra A Lama A gran afluencia de cativos convertiu nun éxito a "Festa Infantil" organizada...

A gran afluencia de cativos convertiu nun éxito a “Festa Infantil” organizada polo concello da Lama con motivo do “Verán Cultural”

- Anuncio -

El Concello ampliou este ano o número de xogos inchables, algúns con piscina, para o disfrute dos máis pequenos nun día de intensa calor

Unha multitudinaria Festa da Escuma puxo o punto final a este evento

Os máis pequenos da casa convertéronse nos protagonistas da Festa Infantil organizada polo Concello da Lama na Alameda dentro do “Verán Cultural”. Os nenos e nenas do municipio, e tamén moitos outros visitantes, pasaron unha xornada divertida e de xogos con inchables xigantes, un touro mecánico e a Festa dá Escuma que serviu de colofón a unha infinidade de actividades.

A actividade estivo en todo momento supervisada por monitores que organizaban aos nenos para poder subirse aos distintos inchables con total seguridade para maior goce dos mozos e tranquilidade dos numerosos pais que se deron cita na Alameda da Lama.

Os nenos brincaron nos distintos aparellos e xogos instalados ata as sete e media da tarde, hora á que comezou a Festa da Escuma que asolagou de cor branca o empedrado da Alameda da Lama onde os nenos ían desaparecendo engulidos pola escuma que manaba dun canón especialmente preparado para a diversión.

MÁIS INCHABLES E ATRACCIÓNS PARA OS CATIVOS

O alcalde da Lama, Jorge Canda, que estivo en todo momento presente no evento co fin de velar polo correcto desenvolvemento da actividade, valorou moi positivamente a participación dos nenos e sinalou que é unha constante no goberno municipal a súa preocupación porque no “Verán Cultural” existan actividades especificamente dedicada ao goce dos máis pequenos da casa. “Este ano aumentamos os xogos que tiñamos noutras ocasións e para mitigar as altas temperaturas eliximos inchables con piscina de auga, aínda así si o ano que vén segue esta calor haberá que buscar fórmulas que refresquen a Alameda como a instalación de chafarises estratéxicamente colocados para favorecer que a xente poida combatir as altas temperaturas. Tamén temos que ver dalgunha atracción para os máis cativiños que merecen unha atención especial”, dixo o alcalde Jorge Canda.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas