Home Pontevedra Deza A Feira Internacional de Galicia ABANCA será referente da beleza canina do...

A Feira Internacional de Galicia ABANCA será referente da beleza canina do 10 ao 11 de setembro con tres importantes competicións

- Anuncio -

• A SOCIEDADE CANINA GALEGA CELEBRARÁ NO RECINTO DOUS CONCURSOS NACIONAIS E UN INTERNACIONAL, OS CALES CONTARÁN CON ONCE XUÍCES DE CINCO PAÍSES

• ESTAS EXPOSICIÓNS, QUE TEÑEN COMO OBXECTIVO RECOÑECER AOS MELLORES EXEMPLARES PARA A CRÍA, VALORARÁN A MORFOLOXÍA, MOVEMENTOS E CARÁCTER DOS CANS PARTICIPANTES

O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá de novo tres importantes competicións de beleza canina organizadas pola Sociedade Canina Galega.

O sábado 10 de setembro levarase a cabo a 101ª Exposición Nacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA, mentres que o domingo día 11 celebrarase a 102ª edición deste mesmo concurso e tamén a 45ª Exposición Internacional Canina Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Estas citas serán de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. O seu obxectivo é buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores exemplares para a cría. Para iso, once xuíces de España, Portugal, Italia, Croacia e Serbia valorarán a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

As categorías destes concursos serán “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven”, “Intermedia”, “Aberta”, “Veterana”, “Traballo” e “Campións”. Ademais, todos os participantes poden competir en “Parellas” e “Grupo de Cría”.

Premiarase ao mellor can de cada raza en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven” e “Adulto”, os cales irán á final do seu grupo. Hai once grupos dos que sairán outros tantos gañadores, un por grupo. Entre estes once gañadores elixiranse os mellores en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven”, “Veterano” e “Razas Españolas”. O campión absoluto será o Best in Show da categoría de Adultos, a cuxas finais poderán optar tamén os cans con mellor puntuación das restantes categorías, excepto “Moi Cachorros” e “Cachorros”.

Nas Exposicións Nacionais o cans obterán puntos para o Campionato de España, mentres que na Internacional farano para o Campionato Internacional. Ademais, estas competicións puntúan para Mellor Can do Ano en Galicia dos Socios da Sociedade Canina Galega e serven para seleccionar aos que serán convidados á Gala TOP32, á que acoden os 32 cans que obtiveron máis méritos durante todo o ano anterior nas exposicións e concursos que celebra a entidade en Galicia.

Citas de éxito no recinto

A Feira Internacional de Galicia ABANCA será por terceira vez sede desta cita da Sociedade Canina Galega que aglutina dúas competicións nacionais e unha internacional, aínda que dende hai moitos anos a súa feira Abanca Semana Verde de Galicia inclúe no programa un concurso nacional desta mesma entidade.

En canto a esta tripla cita, o recinto comezou a acollela no ano 2020 cun gran éxito de participación ao reunir a setecentos cans de tres países, unhas cifras superadas en 2021 ao chegar aos mil cans de catro países. Con esta nova convocatoria, o recinto volverá converterse en espazo de referencia para o mundo canino.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas