Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación investirá case 8 millóns de euros na restauración integral e...

A Deputación investirá case 8 millóns de euros na restauración integral e a conexión soterrada dos edificios orixinais do Museo de Pontevedra

- Anuncio -

Carmela Silva: “É un enorme esforzo para a Deputación para financiar un proxecto novidoso, integrador e con solucións que van ser un modelo no Estado”

César Mosquera: “Temos un proxecto que entrañou unha dificultade enorme e cartos no orzamento; agardo que en meses se poida licitar a obra”

Só dous días despois de cumprir 93 anos dende a súa apertura, o Museo de Pontevedra afronta un novo fito histórico co proxecto de restauración e de conexión subterránea dos seus dous edificios orixinais: o Castro Monteagudo e o García Flórez impulsado pola Deputación. A presidenta provincial, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, destacaron hoxe esta ambiciosa actuación, presupostada en 7.937.947 euros e que permitirá recuperar ambos inmobles para uso museístico con plenas garantías técnicas, de accesibilidade e de eficiencia enerxética. Á presentación do proxecto asistiron o director da entidade, José Manuel Rey e a equipa redactora.

Hoxe mesmo se remitirá o proxecto ao Concello de Pontevedra para a concesión da licencia de obra e tamén á Dirección Xeral de Patrimonio para a emisión do informe preceptivo. Amais, ten pendente tamén a autorización de Costas, e tanto a presidenta como o vicepresidente confían en que os traballos poidan licitarse en cuestión de meses. A Deputación, que xa ten incluída a obra nos seus Orzamentos, solicita ao Goberno do Estado unha achega dos fondos do Plan de Recuperación e Resiliencia para Edificios Públicos (PIREP) de 3 millóns de euros.

“É un día moi importante para o Museo de Pontevedra, para a cidade, para a provincia, para Galicia e para o conxunto do Estado –subliñou Carmela Silva- porque este é un museo de referencia. Trátase dun proxecto elaborado con moito rigor e traballo, liderado polo vicepresidente xunto a toda a equipa do Museo, cun esforzo extraordinario e témonos que felicitar porque é un proxecto novidoso, integrador, con solucións que van ser un modelo. Hoxe estará contentísima toda a cidadanía, e desde logo todos os grupos desta Corporación provincial estarán aplaudindo porque é unha extraordinaria nova”.

A presidenta incidiu en que se trata dun investimento “moi relevante para unha administración que este ano xestiona 174 millóns e polo tanto, supón un enorme esforzo pero o Museo merece recuperar eses edificios”. Neste senso, confía en que as restantes administracións implicadas aceleren a tramitación “porque tremos os recursos, hai un traballo moi ben feito, e queremos licitalo canto antes para que a rehabilitación sexa unha realidade da que poidamos desfrutar todas e todos”.

O vicepresidente, César Mosquera, incidiu na “enorme dificultade” técnica que supuxo a elaboración deste proxecto, no que finalmente se optou pola conexión soterrada entre os edificios como solución conceptual para abordar o reto de garantir a accesibilidade. A este respecto revelou que xa existe un túnel “pequeno, húmido e lúgubre” e agora realizarase unha conexión funcional e moderna. A partir desa idea, dixo, foi xerminando o proxecto que cualificou como “un auténtico crebacabezas ao que houbo que dar mil voltas para axustalo á normativa”. A conexión soterrada situarase entre o soto do xardín do García Flórez e a torre do Castro Monteagudo, e amais instalarase un ascensor en cada edificio para facilitar a comunicación. “Nestes momentos a Deputación ten un proxecto que entrañou unha enorme dificultade, ten os cartos no orzamento, ten solicitados cartos para complementalo e agardo que en meses se poida licitar”. Recalcou que a Deputación optou por un orzamento “polo alto” para garantir a viabilidade da licitación e limitar os riscos de que quede deserta, dado o escenario actual de alza de prezos.

César Mosquera detallou que a restauración dos edificios permitirá sumar unha superficie de 256 metros cadrados, alcanzando así un total de 2.495 metros cadrados de superficie construída entre ambos inmobles. Afirmou que se trata dunha intervención respectuosa que no exterior non variará a fisionomía do Castro Monteagudo e do García Flórez, dado que o proxecto só prevé a renovación da carpintería e cerrallería, mentres que o groso da actuación permitirá no interior “acabar co labirinto de divisións que tiñan” acadando espazos diáfanos e libres de obstáculos. “Límpase todo, eliminando o labirinto de tabiques actual, e quedan as paredes mestras, as orixinarias –engadiu-, todo unificado nunha ‘pel grosa’ para colocar logo as coleccións”. As distintas plantas dos inmobles disporanse, deste xeito, como unha plataforma única e na que os solados serán de pedra na planta baixa e de madeira nas superiores. Amais, as estancias contarán cunha iluminación sobre carril para flexibilizar o uso”. O vicepresidente destacou así mesmo os criterios de eficiencia enerxética aplicados ao proxecto, que permitirán aforrar en torno ao 80% gracias ao aproveitamento da enerxía xeotérmica como complemento dunha bomba de calor.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas