Home Xunta de Galicia Máis de 2.200 persoas participaron no que vai de verán na campaña...

Máis de 2.200 persoas participaron no que vai de verán na campaña “Do mar, vívese” da Xunta de Galicia para tomar conciencia da importancia de respectar a labor do sector marisqueiro nas praias

- Anuncio -

— Desde a súa posta en marcha o pasado mes de xullo, locais e turistas de todas as idades puideron empatizar co traballo que realizan os profesionais deste sector, coñecer as distintas especies e axudar á conservación do medio a través de diferentes obradoiros de actividades

— Logo de pasar por algúns dos areais da provincia de Pontevedra, a acción continúa durante todo este mes de agosto e ata comezos de outubro por varios das provincias da Coruña e Lugo, abarcando o período de maior afluencia de visitantes

— En Galicia hai arredor de 3.700 persoas que se dedican ao marisqueo a pé, que teñen un permiso de explotación, sementan o marisco, coidan as zonas e pagan impostos polo seu traballo

A campaña de sensibilización Do mar, vívese, posta en marcha pola Consellería do Mar para concienciar sobre os prexuízos que ocasiona a extracción ilegal de recursos marisqueiros aos profesionais desta actividade, chegou xa a máis de 2.200 visitantes dos areais galegos desde a súa posta en marcha o pasado mes de xullo. Así, nestas primeiras semanas de actividade a iniciativa trasladou aos veraneantes a importancia de respectar o traballo dos profesionais do marisqueo que na época de verán obteñen un terzo dos seus ingresos anuais, a través de diferentes obradoiros.

Ademais de involucrar ás veciñas e veciños da zona, a campaña amosa tamén eses valores aos turistas que visitan as costas galegas por medio de xogos e actividades lúdicas dirixidas a persoas de todas as idades. Neste sentido, algúns dos aspectos máis valorados polos que toman parte nesta acción é a posibilidade de coñecer o traballo que realizan os profesionais do marisqueo –nalgúns casos con experiencias de primeira man–, as diferenzas entre especies e a importancia de conservar limpo e coidado o medio –en varias ocasións os propios participantes colaboran con recollidas de lixo–.
Nos expositores informativos situados nas praias tamén se reparten trípticos sobre esta iniciativa e elementos promocionais entre o público que participe como bolsas de pano, toallas de praia e camisetas. Tamén hai chalecos e gorros destinados ás confrarías de pescadores.

A iniciativa pasou xa por algúns dos areais da provincia de Pontevedra e continúa durante todo este mes de agosto e ata comezos de outubro por varios das provincias da Coruña e Lugo ata alcanzar os 50 previstos, abarcando o período no que se rexistra maior afluencia de xente nos areais.
Deste xeito dá continuidade ás iniciativas de sensibilización desenvolvidas en anos anteriores coa finalidade de seguir concienciando á cidadanía sobre a importancia do marisqueo e a ilegalidade que supón a extracción de marisco sen permiso de explotación.

Cabe destacar que en Galicia hai arredor de 3.700 persoas que se dedican ao marisqueo a pé e das que dependen outras tantas familias. Trátase de profesionais que teñen un permiso de explotación, sementan o marisco, coidan as zonas e pagan impostos polo seu labor. Ademais, un terzo das súas capturas e da facturación anual da súa actividade se concentra no período do verán, unha das épocas nas que o marisco adoita acadar mellores prezos.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas