Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación lanza a VII edición do programa "DepoEmprende" para fomentar o...

A Deputación lanza a VII edición do programa “DepoEmprende” para fomentar o emprendemento na educación primaria e especial, na ESO e na FP

- Anuncio -

Na iniciativa, para a que xa está aberto o prazo de inscrición ata o 30 de setembro, poderán participar ata 32 centros educativos da provincia

A Deputación de Pontevedra lanza a sétima edición do programa provincial DepoEmprende, que se desenvolverá ao longo do curso escolar 2022-2023. A iniciativa provincial segue a ter como obxectivo fundamental fomentar o emprendemento no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, así como favorecer o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación e á convivencia. Desde a súa posta en marcha no ano 2016, teñen participado en DepoEmprende un total de 132 centros educativos da provincia, cun case 3.500 estudantes.

O programa volverá a estar dividido en tres proxectos para diferentes etapas educativas. O primeiro, “DepoEmprende na Escola”, no que poderán participar un máximo de 12 centros, está dirixido ao alumnado de Educación Primaria (5.º ou 6.º curso) e de Educación Especial, que crearán e xestionarán unha cooperativa na que fabricarán produtos para a súa venda. Parte dos beneficios que obteñan con esta actividade, doaranse a accións sociais ou ás ONG que as socias e socios da cooperativa elixen por consenso.

“DepoEmprende na ESO” está enfocado a mozos e mozas de 15 a 16 anos (4º da ESO) que crearán tamén cooperativas nas que distribuirán produtos adquiridos de empresas provedoras segundo criterios de sostibilidade e RSC. Finamente, o proxecto culminará coa venda dos produtos e tamén unha parte irá destinada a accións sociais ou ONG. Nesta modalidade, na que poderán participar un máximo de 10 centros da provincia, o alumnado é protagonista da súa propia aprendizaxe, poñendo en práctica capacidades de negociación, de toma de decisións, de comunicación e resolución de conflitos.

Por último, “DepoEmprende na FP” vai dirixido ao alumnado de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior, que a través desta iniciativa desenvolverá proxectos empresariais nos que se potenciará a adquisición de competencias e aptitudes relacionadas co emprendemento. A Deputación ofrece un servizo de asesoramento que comprende apoio, mentorización, orientación e asesoramento directo ás e aos estudantes no proceso de desenvolvemento dos proxectos e iniciativas emprendedoras viables. Isto inclúe desde guiar o proceso de desenvolvemento da idea e do plan de negocio ata a planificación do plan de lanzamento. Tamén neste caso a iniciativa está aberta a un máximo de 10 centros.

Ao longo do programa, a Deputación dotará aos centros participantes de recursos e ferramentas para posibilitar o desenvolvemento eficaz das accións relacionadas con cada un dos proxectos, para as cales se realiza un proceso permanente de seguimento e avaliación. A ferramenta principal é o Portal Educativo de DepoEmprende, unha plataforma que facilita e dinamiza a institución provincial a fin de potenciar a comunicación entre os centros participantes, favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.

Trala publicación o pasado día 10 das bases no Boletín Oficial da Provincia (Boppo), os centros educativos da provincia xa poden solicitar a súa adhesión ao programa e terán de prazo ata o 30 de setembro. Na última edición 2021-2022, participaron no caso de DepoEmprende na Escola un total de 393 alumnos e alumnas de 12 centros, que formaron 18 cooperativas. No caso de DepoEmprende na ESO foron 168 estudantes de 7 centros os que formaron 10 cooperativas, e en DepoEmprende na FP participaron 223 alumnos e alumnas de 9 centros.

Relacionadas

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

Publicacións Relacionadas