Home Ourense Barbadás Actuación de Xarope Tulú co espectáculo Rilla Rilla en Barbadás

Actuación de Xarope Tulú co espectáculo Rilla Rilla en Barbadás

- Anuncio -

Nova actuación enmarcada dentro do Programa Cultural Barbadás é Cultura, trátase da compañía Xarope Tulú que presenta o espectáculo “Rilla Rilla” no Parque dos Patos ( A Valenzá) o xoves 18 as 21h.organizado pola concellaría de Cultura de Barbadás.

Sinopse:

Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras como se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada. Se non oístes falar do cínefres, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se posou en vos unha lagachima, andade atentas!

Abride ben os ouvidos e deixádevos lebar por esta música de salitre. Remangade ben o pantalón que para apañar palabras é preciso mollar os pés! Preparádevos para recoller esos vocábulos que case nunca medran nos libros. Se queredes sabere o que significa Rilla-Rilla poñede atención…

Rilla-Rilla é un espectáculo dirixido a tódolos públicos, que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. A través do relato irémonos meregullando nun mundo de rotacismo, un lugar con idiosincrasia propia, que estivo aí sempre e ao que poucas veces lle poñemos atención. As ondas e o salite hannos levar ao lugar das palabras esquecidas.

Rilla-Rilla é un espectáculo dinámico onde o público pasa a ser o protagonista desde o primeiro momento.

É un teatro interactivo e familiar, recomendado para maiores de 6 aos e cunha duración de 50min.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas