Home Ourense A Academia Makers coa que se esperan crear 30 novas empresas na...

A Academia Makers coa que se esperan crear 30 novas empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal estréase en Verín cun curso aberto a emprendedores

- Anuncio -

― A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron hoxe o primeiro curso da Academia que se impartirá no Polo de Emprendemento Ourense Centro e Sur

― A iniciativa enmárcase no programa transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, Emprende Makers, co que se pretende aumentar a competitividade do tecido emprendedor da Eurorrexión

― As inscricións para o obradoiro de competencias básicas de emprendemento, de 20 horas, que se celebrará entre o 30 de agosto e o 22 de setembro, están abertas

― Na actividade poden participar persoas con máis de 18 anos e unha idea de negocio que desexen poñer en marcha ou familiarizarse coa nova cultura ‘maker’

A Xunta porá en marcha o próximo 30 de agosto no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ourense Centro e Sur, un taller de competencias básicas de emprendemento para persoas de máis de 18 anos cunha idea de negocio que desexen desenvolver seguindo a filosofía maker. A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron esta actividade hoxe no curso dunha visita ás dependencias deste Polo situado en Verín, coa que o Goberno galego estrea o programa da Academia Makers que nace para impulsar a capacitación para a creación de empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A cultura maker constitúe un activo crucial para a sociedade e para o seu tecido empresarial e industrial, remarcou a directora xeral, quen destacou as vantaxes desta metodoloxía, baseada na idea de “aprender sobre o que se fai” e que permite democratizar o desenvolvemento de actividades e procesos innovadores que se levan a cabo na economía produtiva fomentando así o espírito de innovación.
“O programa Emprende Makers pon en marcha esta Academia, coa misión de entregar os espazos, as ferramentas ás persoas que se queiran formar, innovar e reinventar usando tecnoloxías de fabricación dixital baixo a filosofía do faino ti mesmo”, dixo a directora xeral, quen destacou que as persoas beneficiarias poderán desenvolver “calquera proxecto que se poidan imaxinar e dar a oportunidade de mellorar as vidas das comunidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”.
Estreo da ‘Academia Makers’
O primeiro curso da Academia Makers terá lugar no Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego e Ourense Centro e Sur, radicado en Verín -e que da servizo ás comarcas da Limia, Baixa Limia, Terra de Caldelas, Terra de Trives, Verín e Viana- do 30 de agosto ao 22 de setembro. Trátase dun obradoiro de competencias básicas de emprendemento a través do cal “calquera persoa emprendedora con interese no mundo maker adquirirá coñecementos sobre cuestións como a presentación de empresas ante futuros inversores, a construción de modelos de negocio estables ou marketing”, especificou Ardao.
O curso consta de 20 horas repartidas en 8 sesións (4 presenciais e outras 4 en liña) nas que se ofrecerán recursos e información necesaria para transformar ideas innovadoras ou prototipos en ideas de negocio.
As inscricións para esta actividade gratuíta están abertas (https://bit.ly/MAKERSVERIN). A Xunta anima a participar a calquera persoa maior de 18 anos interesada en poñer en marcha unha idea de negocio e familiarizarse co mundo maker. Unha oportunidade para os máis novos, “pero tamén para a reciclaxe informal ao longo da vida profesional e para a apertura de novas oportunidades laborais, desde o emprendemento ou desde o acceso a novos nichos de empregabilidade”, subliñou Ardao.
A actividade está financiada con fondos do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (Poctep). Non será a única a desenvolver neste Polo xa que, tal e como resaltou Ardao, as persoas emprendedoras da área poderán participar proximamente en obradoiros sobre modelos de innovación para makers nos que adquirir, entre outros, coñecementos en materia de creatividade aplicada ao negocio, prototipado e espazos de colaboración e innovación con empresas.
No mes de setembro están programadas actividades da Academia Makers en Vilanova de Arousa (Pontevedra), do 13 de setembro ao 6 de outubro; en Silleda (Pontevedra), do 5 ao 28 de setembro; e en Coristanco (A Coruña), do 12 de setembro ao 5 de outubro.
A través desta iniciativa, o Goberno galego agarda poder asesorar máis de 60 proxectos e dar orixe a unhas 30 empresas, 20 delas en Galicia.
A Academia enmárcase no programa Emprende Makers, unha iniciativa de cooperación institucional transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal cuxo obxectivo é a creación e desenvolvemento dunha rede de emprendemento baseada nos centros de fabricación dixital e prototipado da Eurorrexión.
A Xunta mantén un firme compromiso co impulso do emprego de calidade, “apoiando o emprendemento e revolucionando a formación para o emprego”, rematou a directora xeral, quen destacou a estratexia Xempre baseada no traballo coas capacidades das persoas a través da colaboración público-privada, un marco no que a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego ten un papel fundamental, por conectar á cidadanía coa rede autonómica de emprendemento e a oferta laboral da comunidade.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas