Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro recupera a mítica "Festa d@d Moz@s" despois de 30 anos...

Campo Lameiro recupera a mítica “Festa d@d Moz@s” despois de 30 anos desde que se realizou a última

- Anuncio -

Celebrarase o vindeiro domingo 4 de setembro e contará coa presenza de Manoele de Felisa, A Banda da Balbina, A Roda e Astarot.

O Concello de Campo Lameiro recuperará despois de 30 anos a celebración da Festa d@s Moz@s que terá lugar o vindeiro domingo 4 de setembro e na que participarán artistas e agrupacións musicais galegas da talla de Manoele de Felisa, A Banda de Balbina, A Roda e Astarot.

O Concello de Campo Lameiro aproveitará esta celebración para recuperar a memoria daqueles homes e mulleres que foron pioneiros na organización deste evento que supuxo un fito para a normalización e promoción da musica galega e en galego nos finais dos anos 70, nos 80 e principios do 90.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, manifestou a súa satisfacción por recuperar este evento que puxo no mapa cultural, musical e folclórico a este concello e que serviu para que artistas e agrupacións da talla de Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, Milladoiro, Xocaloma, Brath, A Quenlla, Buxán e mesmo A Roda ofreceran concertos na etapa deste festival iniciado no ano 1977 e continuado de xeito ininterrumpido ata o ano 1982, despois houbo varias ausencia ata realizar o derradeiro da súa saga no ano 1992, hai agora 30 anos.

Carlos Costa lembrou con especial emoción “aqueles anos nos que pasaba por Campo Lameiro o mellorciño da música que había en galego naquel momento no país. Viña xente de todas partes e a carballeira quedábase pequena para escoitar aqueles grupos e cantantes que recuperaban a nosa fala para os grandes concertos sen complexos e mesmo protagonizando un rexurdimento musical longamente calado polos anos da dictadura”.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas